12.11.12

Alicia en el país de las maravillas

Alicia en el País de las MaravillasSinopse: Alicia, unha rapaza de 19 anos, asiste a unha festa da alta sociedade, chea de xente estirada, que se celebra nunha mansión victoriana. Cando se da conta de que está a punto de recibir publicamente unha propuesta de matrimonio, sae correndo tras un coello branco, segueo a través dun burato e vai parar ó País das Maravillas, un lugar que visitara dez anos antes, aínda que non o recorda. Este país era un reino pacífico ata que a Raiña Vermella derrocou a súa irmá, a Raiña Branca, pero as criaturas que viven nel, están dispostas a rebelarse e esperan contar coa axuda de Alicia. Ó mesmo tempo, axudarán á rapaza a recordar a súa primeira visita ó fantástico reino. 
Basada no popular libro de Lewis Carroll e ambientada dez anos despois dos feitos que nel se relatan.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Slumdog Millionaire

Slumdog MillionaireSinopse: Un rapaz pobre e orfo de dezaoito anos proveniente das barriadas de Bombay, está a unha pregunta de gañar un premio de 20 millóns de rupias na versión da India de " Queres ser millonario? ". Pero cando o espectáculo para a gravación durante a noite, o mozo é detido sospeitoso de ter feito trampas. Á fin e ao cabo, como pode un rapaz da rúa sen educación saber tanto? Disposto a chegar ao fondo da historia de Jamal, o enfastiado Inspector da Policía pasa a noite investigando o incrible pasado de Jamal, dende os seus fascinantes contos sobre as barriadas nas que Jamal e o seu irmán Salim sobreviviron grazas ao seu enxeño ata os arrepiantes encontros cos matóns locais ou o seu corazón roto por Latika, a inesquecible rapaza que amou e perdeu.
Cada capítulo da historia de Jamal revela onde aprendeu as respostas das aparentemente imposibles probas do programa. Pero hai unha cuestión que continúa sendo un misterio: que fai un rapaz sen desexo de riquezas nun programa como este?

Ficha técnica en Filmaffinity 

Trailer:

La joven del agua

La joven del aguaSinopse: Cleveland intenta pasar desapercibido entre as lámpadas fundidas e os electrodomésticos rotos dos apartamentos The Cove. Pero na noite na que a súa vida dará un xiro, Cleveland descubre a outra persoa escondéndose dentro do  seu modesto edificio, unha misteriosa rapaza chamada Story que vive debaixo da piscina. Cleveland averigua que Story é en realidade unha “narf”, un personaxe parecido a unha ninfa saida dunha historia épica para nenos e que está sendo acosada por uns monstruos que están empeñados en impedir que ela faga a perigosa viaxe de volta desde o noso mundo ó seu. Os poderes especiais de percepción que ten Story revelan os destinos dos veciños de Cleveland, cuxa sorte está irremediablemente unida á dela. Teñen que traballar xuntos para descifrar unha serie de claves que abrirán o camiño á libertade. O tempo de Story para aproveitar a oportunidade de volver á casa estase acabando rápidamente mentras os inquilinos arriscan a súa vida por axudala. Cleveland terá que enfrentarse ós demos e  os outros veciños terán que agarrarse ós poderes especiais que Story lles ensinou, se esperan triunfar na súa audaz e perigosa misión para salvar o seu mundo… e o noso.  

Ficha técnica en Filmaffinity 

Trailer:

Un sueño posible

The Blind Side (Un sueño posible)Sinopse: O adolescente Michael Oher sobrevive só e é practicamente un “sen teito” cando Leigh Anne Tuohy o atopa na rúa. Ó enterarse de que é compañeiro de clase da súa filla, Leigh Anne insiste para que Michael saía da rúa. Sen dubidalo un momento, invítao a pasar a noite na súa casa. O que comenza como un xesto de xenerosidade, convírtese en algo máis cando Michael se convirte en parte da familia Tuohy a pesar de que as súas orixes son moi diferentes. No seu novo entorno, enfréntase a desafíos totalmente novos que debe superar. E coa axuda da súa nova familia, Michael explota todo o seu potencial, tanto dentro como fora do terreo de xogo.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

El origen del planeta de los simios

El origen del planeta de los simiosSinopse: Precoa da xa mítica longametraxe "O planeta dos simios". Will Rodman (James Franco) é un mozo científico que está a investigar con monos para obter un tratamento contra o alzheimer, unha enfermidade que afecta ao seu pai (John Lithgow). Un deses primates, un chimpancé acabado de nacer ao que Will se levou á casa para protexelo, ao que chama César (Andy Serkis), experimenta unha evolución na súa intelixencia verdadeiramente sorprendente. No estudo do simio axudarao unha bela primatóloga chamada Caroline (Freida Pinto).

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Quiero ser como Beckham

Quiero ser como BeckhamSinopse: Jess ten dezaoito anos e os seus pais queren que sexa unha encantadora e convencional rapaza hindú. Pero ela soamente quere xogar ao fútbol como o seu heroe, David Beckham, a estrela do Manchester United. Para Jess, iso significa darlle patadas a un balón no parque cos seus amigos, ata que a descobre Jules, unha moza que a invita a unirse ao equipo de fútbol feminino local. As rapazas teñen a mesma idade e comparten os mesmos sonos. Ao tempo que se vai consolidando a súa amizade, o equipo empeza a viaxar para xogar noutras cidades. Pero os pais de Jess non entenden por que non se calma, estuda dereito e aprende a cociñar. Non entenden por que non pode parecerse á súa irmá maior, Pinky, que está prometida co home axeitado. Jules soña con xogar na liga feminina de fútbol de Estados Unidos, pero o que desexa a súa nai é que sexa un pouco máis feminina. Como vai encontrar noivo se nin sequera se pon un vestido? Pero Jules e Jess séntense atraídos polo mesmo home, o único no que non poden fixarse, Joe, o seu adestrador.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

7.11.12

Gran Torino

Gran TorinoSinopse: Walt Kowalski (Clint Eastwood), un veterano da guerra de Corea, é un traballador do automóbil xubilado, ocupa o seu tempo con reparacións domésticas, cervexa e visitas mensuais ao perruqueiro. A súa máxima paixón é coidar do seu máis prezado tesouro: un coche Gran Torino de 1972.Aunque o último desexo da súa defunta esposa foi que se confesase, para Walt, un resentido veterano da Guerra de Corea que mantén o seu rifle M-1 limpo e listo, non hai nada que confesar. Aqueles aos que adoitaba considerar os seus veciños trasladáronse ou faleceron e foron substituídos por inmigrantes hmong, do sueste asiático, que el despreza. Ofendido por practicamente todo o que ve: os aleiros caídos, o céspede descoidado e os rostros estraños que o rodean; as cuadrillas sen propósito de adolescentes hmong, latinos e afroamericanos que cren que o barrio lles pertence; os estraños inmaturos en que se converteron os seus fillos; Walt só espera a que chegue a súa última hora. Ata a noite en que alguén intenta roubar o seu Gran Torino do 72. Tan relucente como estaba o día en que o propio Walt axudou a sacalo da cadea de montaxe hai décadas, o Gran Torino fai que o seu tímido veciño adolescente, Thao (Bee Vang), entre na súa vida cando os cuadrilleiros hmong premen o rapaz para que intente roubalo. Pero Walt impídeo, converténdose no remiso heroe do barrio, especialmente para a nai e a irmá maior de Thao, Sue (Ahney Her), quen insiste en que Thao traballe para Walt para emendar a súa conduta.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Camino

CaminoSinopse: Unha aventura emocional en torno a unha cegadora nena de once anos, moi relixiosa, que se enfronta ao mesmo tempo a dous acontecementos que son completamente novos para ela: namorarse e morrer. 'Camino' é, sobre todo, unha luz brillante capaz de atravesar todas e cada unha das tenebrosas portas que se van pechando ante ela, e que pretenden en van sumir na escuridade o seu desexo de vivir, amar e sentirse definitivamente feliz. Inspirada na verdadeira historia de Alexia González Barros, a filla menor dunha familia pertencente ao Opus Dei, que faleceu en 1985 aos 14 anos de idade, e que actualmente está en proceso de canonización.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

21 gramos

21 gramosSinopse: O profesor universitario Paul Rivers (Sean Penn) e a súa esposa Mary (Charlotte Gainsbourg) ven como a seu relación se balancea entre a vida e a morte. El está mortalmente enfermo e espera un transplante de corazón, mentres que ela quere concibir un fillo seu por medio da inseminación artificial. Esquecido o seu turbulento pasado, Christina Peck (Naomi Watts) ten unha vida familiar chea de esperanza e alegría: ten a súa irmá Claudia (Clea DuVall), o seu marido Michael (Danny Huston) e ás súas dúas filliñas. De extracción social moito máis modesta, o ex convicto e agora firme crente Jack Jordan (Benicio Del Toro) e o sua muller Marianne (Melissa Leo) loitan por sacar adiante os seus dous fillos. Un tráxico accidente fai que as vidas destas tres parellas entren nunha mesma órbita e obriga a Paul a afrontar a súa mortalidade, pon a proba a fe de Jack, e fai que Christina se mova para arranxar o seu presente e quizais o seu futuro. O equilibrio espiritual de cada un deles pode resultar moi custoso para os demais. Pero ningún deles perde a vontade de vivir e o instinto de apoiarse noutra persoa.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Apocalypse Now

Apocalypse NowSinopse: O Capitán Willard é un oficial dos servizos de intelixencia do exército estadounidense ó que se lle encomendou en Cambodja a perigosa misión de eliminar a Kurtz, un coronel renegado que se volveu tolo. No corazón da selva, nun campamento sementado de cabezas cortadas e cadáveres putrefactos, a enorme e enigmática figura de Kurtz reina como un buda despótico sobre os membros da tribo Montagnard, que o adoran como a un deus. 

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Mejor... imposible

Mejor... imposibleSinopse: Melvin Udall é un corrosivo escritor de novelas románticas que sofre unha desorde obsesiva que o fai intratable ante o resto da humanidade. Melvin enorgulecese da súa habilidade para molestar, rexeitar, ofender e ferir a todos aqueles ó seu arredor, polo que non é de estrañar que viva na máis absoluta soidade. Non obstante, na súa vida cotiá, hai dúas persoas coas que se relaciona de forma máis ou menos habitual: o seu veciño de en fronte, o artista homosexual Simon Nye, e Carol, a única camareira que é capaz de soportar o seu sarcasmo e malos modais no restaurante ó que acode a comer a diario. Os tres personaxes encontrarán de xeito fortuíto os seus destinos entrelazados e descubrirán mesmo unha oportunidade para ser felices.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer: 
 

Tiempos modernos

Tiempos modernosSinopse: Extenuado polo frenético ritmo da cadea de montaxe, un obreiro metalúrxico acaba perdendo a razón. Despois de recuperarse nun hospital, sae e é encarcerado por participar nunha manifestación na que se encontraba por casualidade. No cárcere, tamén sen pretendelo, axuda a controlar un motín, grazas ó cal queda en liberdade. Unha vez fóra, reemprende a loita pola supervivencia en compañía dunha moza orfa á que coñece na rúa.
 
Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Heroína

HeroínaSinopse: Na década de 1980, Piar, unha muller corrente, casada, en torno aos corenta anos, descobre que un dos seus tres fillos é adicto á heroína. Despois dun período inicial de incerteza, Pilar entra en contacto con outros pais en situación similar que acoden a un precario centro municipal de axuda ao toxicómano, pero pronto se decata fóra e dentro de casa para que o seu fillo se poida salvar de que son moitas as cousas que teñen que cambiar. Así nace o seu desexo de facer algo máis que lamentarse e emprende xunto con outros pais, pero, sobre todo, nais, unha ardua viaxe de denuncia do narcotráfico en Galicia.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer: 

Orgullo y prejuicio

Orgullo y prejuicioSinopse: As cinco irmás Bennet foron criadas por unha nai cuxa única fixación é encontrarlles marido. Pero unha delas, Elizabeth, intelixente e con carácter, desexa unha vida con perspectivas máis abertas, un anhelo avalado polo seu pai. Cando o señor Bingley (Simon Woods), un solteiro rico, e o seu círculo de sofisticados amigos se instalan nunha mansión veciña para pasar o verán, as Bennett entusiásmanse coa posibilidade de encontrar pretendentes. No baile de benvida, Lizzie coñece ao aposto e elegante señor Darcy (Matthew Macfadyen), que, á primeira vista, lle parece moi orgulloso e arrogante. 

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer: 

Criadas y señoras

Criadas y señoras
Sinopse: Mississippi, anos 60. Skeeter (Emma Stone) é unha nova sureña que regresa da universidade decidida a converterse en escritora. A súa chegada altera a vida da cidade e mesmo a dos seus amigos porque se propuxo entrevistar as mulleres negras que se pasaron a vida ao servizo das grandes familias sufrindo todas as formas de discriminación racial.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Gorilas en la niebla

Gorilas en la niebla. La aventura de Dian Fossey
Sinopse: Dian Fossey, antropóloga norteamericana, chega as montañas de Ruanda para confeccionar un censo sobre gorilas de montaña en peligo de extinción. Acompañada dun nativo rastreador, comenzará o seu traballo quedando fascinada pola vida desos animais ós que se achega e estuda con total impunidade. No seu afan por protexer a especie, a Doctora Fossey terá serios problemas coas autoridades e cazadores furtivos que venden as crias ós zoolóxicos e matan ós adultos para a fabricación de souvenirs.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:



 

Ciudadano Kane

Sinopse: Un importante financeiro estadounidense, Charles Foster Kane, dono dunha importante cadea de xornais, dunha rede de emisoras, de dous sindicatos e dunha inimaxinable colección de obras de arte, morre en Xanadú, o seu fabuloso castelo de estilo oriental. A última palabra que pronuncia antes de expirar, "Rosebud", cuxo significado é un enigma, esperta unha enorme curiosidade tanto na prensa coma entre a poboación. Así as cousas, un grupo de xornalistas emprende unha investigación para desentrañar o misterio.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

El laberinto del fauno

El laberinto del faunoSinopse: Ano 1944, posguerra española. Ofelia (Ivana Baquero) e a súa nai, Carmen (Ariadna Gil), que se encontra en avanzado estado de xestación, trasládanse a un pequeno pobo ao que foi destinado o novo marido de Carmen, Vidal (Sergi López), un cruel capitán do exército franquista polo que a nena non sente ningún afecto. A misión de Vidal é acabar cos últimos membros da resistencia republicana que permanecen escondidos nos montes da zona. Outros personaxes son: Mercedes (Maribel Verdú), o ama de chaves, e o médico (Álex Angulo) que se fará cargo do delicado estado de saúde de Carmen. Unha noite, Ofelia descobre as ruínas dun labirinto, e alí encóntrase cun fauno (Doug Jones), unha estraña criatura que lle fai unha sorprendente revelación: ela é en realidade unha princesa, a última da súa estirpe, e os seus espérana dende hai moito tempo. Para poder regresar ao seu máxico reino, a nena deberá enfrontarse a tres probas.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Desayuno con diamantes

Desayuno con diamantesSinopse: Holly Golightly é unha bela moza neoiorquina que, aparentemente, leva unha vida doada e alegre. Ten un comportamento bastante extravagante, por exemplo, almorzar contemplando o escaparate da luxosa xoiaría Tiffanys. Un día múdase ao seu mesmo edificio Paul Varjak, un escritor que, mentres espera un éxito que nunca chega, vive á conta dunha muller madura.
 
Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:


El bosque animado

El bosque animado, sentirás su magiaSinopse: Adaptación da novela homónima do escritor galego Wenceslao Fernández Flórez (1885-1964). Personaxes tenros e humanos paséanse por un mundo marabilloso e protagonizan unha arañeira de historias que se entrecruzan: un bandido, un poceiro, unha nena que traballa, un rapaz que non quere traballar, unha rapaza que emigra, un fantasma que busca compañía...
Estes, e moitos personaxes máis, constitúen o diverso panorama que imos descubrindo entre as árbores do bosque animado. As súas pequenas historias compoñen un tecido ao mesmo tempo humano e vexetal, crúzanse, entrelázanse, e é difícil chegar ata as súas raíces, saber cando empezan e onde rematarán.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer: 

Los intocables

Sinopse: En Chicago só rexe a lei imposta por Al Capone, que non repara en métodos con tal de controlar todo o tráfico de alcohol. Eliot Ness, inspector de policía, chega á cidade co obxectivo principal de desenmascarar e deter a Capone. As súas primeiras xestións fracasan estrepitosamente, xa que tanto a policía coma a prensa están subornados. O encontro cun honrado e valente policía, Malone, levántalle a moral, e ambos os dous, axudados por outros dous compañeiros, un aspirante a policía e un contable, inician a persecución do mafioso e dos seus homes. Capturan un deles cun comprometedor libro de finanzas. A resposta do capo é inmediata e liquida nun ascensor o seu home e o contable do grupo de Ness.Amenaza a familia do inspector e mesmo remata coa vida de Malone. Pero as pistas están dadas e Ness, xunto ao aspirante a policía logran deter, nunha arriscada operación na estación de Chicago, o contable de Al Capone que lle delatará nos tribunais, e aínda que o xurado estea comprado, o xuíz logrará meter ao capo no cárcere.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:  

Las aventuras de Tintín: El secreto del Unicornio

Las aventuras de Tintín: El secreto del UnicornioSinopse: Tintín compra o modelo dun barco a escala para o capitán Haddock. Casualmente, este modelo era o que comandaba o seu antecesor, o Cabaleiro de Hadoque.
Tintín descobre dentro do modelo un pergameo incomprensible. Mentres tanto, Haddock encontrou un cofre cuxo contido son obxectos que pertenceron ao seu antecesor. Tintín e el decátanse da existencia dun tesouro e deciden lanzarse na súa busca.
O modelo é roubado e Tintín descobre que existen outras dúas réplicas do navío. Seguindo as pistas, encontra os ladróns: os irmáns Pájaro, os que viven no Castelo de Moulinsart. Aprésaos e recupera dun rateiro os outros pergameos.
Reunidos os tres pergameos, non queda máis que partir a buscar o tesouro...

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:
Web el tintinologo

6.11.12

Los girasoles ciegos

Los girasoles ciegosSinopse: Ourense, 1940. Cada vez que Elena pecha a porta de casa, bota a chave aos seus segredos. O seu marido, Ricardo, ameazado por unha desapiadada persecución ideolóxica, leva anos escondido no piso onde conviven cos seus fillos, Elenita e Lorenzo.
Salvador, un diácono desorientado tras a súa loita na fronte, volve ao seminario de Ourense. As dúbidas na vocación do mozo levan o Reitor a atrasar o seu acceso ao sacerdocio durante un ano. Mentres, Salvador dará clases no colexio onde estuda Lorenzo, o fillo de Elena, a quen Salvador cre viúva. O diácono obsesiónase con ela e acósaa. A fráxil realidade da familia cambaléase.
Feridos e zarandeados polas circunstancias, os protagonistas dos XIRASOLES CEGOS golpéanse contra un muro de represión, amores imposibles e derrotas emocionais, mentres buscan unha abertura para volver á vida.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

 
Web losgirasolesciegos.com

Una verdad incómoda

Una verdad incómodaSinopse: Os seres humanos están sentados nunha bomba de reloxaría. Se a maioría dos científicos do mundo teñen razón, quédannos apenas dez anos para evitar unha catástrofe de grandes proporcións que podería facer entrar o clima do planeta nunha espiral destrutiva con temperaturas extremas, inundacións, secas, epidemias e ondadas de calor ata agora descoñecidas. Unha catástrofe preparada polos homes. "Unha verdade incómoda" relata a historia da apaixonada entrega dun home decidido a expoñer os mitos e ideas equivocadas acerca do quentamento global e da súa prevención. Este home é o ex vicepresidente Al Gore, que despois de perder as eleccións de 2000 decidiu cambiar de rumbo e dedicarse a axudar a salvar o planeta. Este conmovedor retrato de Al Gore e do seu "espectáculo itinerante de quentamento global" mostra a un home divertido, aberto e disposto a todo para facer chegar á maior cantidade de xente posible a sorprendente verdade acerca do que el chama "a emerxencia planetaria", antes de que sexa demasiado tarde.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer

Guías didácticas : 1 e 2.

El caballero Don Quijote

El caballero Don QuijoteSinopse: Despois de que un vello soldado chamado Miguel de Cervantes (1547-1616) recollese por escrito as andanzas de Don Quixote e Sancho Panza, o cabaleiro e o seu escudeiro fixéronse moi populares. Cando se decata de que o Turco percorre a costa mediterránea cunha poderosa armada, don Quijote emprenderá, unha vez máis, coa oposición da súa sobriña e da súa ama, unha nova aventura que empeza na Mancha e remata na costa. Vestido coa súa armadura medieval, bastante anticuada para a época, o cabaleiro andante viaxa en compañía do seu fiel escudeiro, que decidiu partir con el e servilo a cambio do goberno dunha illa que Don Quixote lle prometeu. Por outra parte, o cabaleiro, desexoso de conxurar o feitizo que sofre a súa amada Dulcinea, irá á cova de Montesinos.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:  

La boda del Monzón

La boda del MonzónSinopse: Achégase a romántica época do monzón e os membros da familia Verma chegan a Delhi dende todos os puntos do globo para asistir a unha voda concertada no último momento. "A voda do Monzón" conta cinco historias interconectadas que exploran os distintos aspectos do amor e cruzan as fronteiras xeográficas, sociais e morais. É unha celebración da India contemporánea como nunca se viu antes no cine. A directora Mira Nair e a guionista Sabrina Dhawan retratan a sociedade actual de Delhi onde todo se mestura: o antigo co moderno e a inocencia co sexo. O estilo intimista introduce o espectador na vida dos personaxes e na cultura punjabí de Nair, unha cultura robusta, directa e chea de vida. O público verase arrastrado dentro dunha bacanal de comida, whisky e música, elementos esenciais dunha voda no Estado de Punjab. Durante os frenéticos preparativos da voda saen a relucir as esperanzas, os temores e os segredos máis escondidos da familia. As imaxes cegadoras da cidade de Delhi e a calor implacable reflicten a crecente intensidade da historia e cando por fin chega a chuvia a catarse trae consigo o romance, o descubrimento e a liberación.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Guía didáctica: edualter.org e baiona.org

Sempre Xonxa

Sempre Xonxa  (Siempre Xonxa)Sinopse: Sempre Xonxa é un filme sobre as consecuencias emocionais da emigración. Dous nenos, Pancho e Birutas que viven placidamente na mesma aldea están platonicamente namorados de Xonxa. Pero un dos rapaces, O Birutas, ten que emigrar deixando a Xonxa e a Pancho na aldea. Cando O Birutas regresa da emigración, convertido nun home rico, Xonxa xa está casada.
A inspiración encontrouna Chano Piñeiro nas historias da emigración que oíra relatar no seu Forcarei natal e nas aldeas de Rubillón e Baíste.

Ficha técnica
en Filmaffinity

Trailer: 

El perro del hortelano

El perro del hortelanoSinopse: Diana, condesa de Belflor, é unha moza perspicaz, impulsiva e intelixente. Está namorada de Teodoro, o seu secretario, pero comproba que este xa está comprometido con Marcela. Movida polos celos e a envexa, fai todo o posible para separar os dous namorados.
Adaptación cinematográfica da obra de Lope de Vega que respecta o texto en verso. Obtivo sete premios Goya.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Plenilunio

PlenilunioSinopse: No ano 2000, Imanol Uribe estreou a adaptación ao cine de Plenilunio, a novela de Antonio Muñoz Molina, que xa fora un éxito de crítica e público e recibido varios premios nacionais e internacionais. 
Tras pasar varios anos nas Vascongadas, un inspector de policía é destinado a unha pequena cidade de provincias. Nada máis chegar, debe enfrontarse a un difícil caso: unha nena apareceu brutalmente asasinada.
Unha historia de soidades na que os seus protagonistas se desenvolven en territorios tan complexos como o horror e o amor. A escritora Elvira Lindo interveu tamén no filme en calidade de coguionista.

Ficha técnica en
Filmaffinity

Trailer: 

Traffic

TrafficSinopse: Traffic é un percorrido polo mundo da droga, debuxado a través das historias duns personaxes de diferente condición pero igualmente vítimas de tan vicioso mundo. Do narcotraficante ao drogadicto, pasando polo policía, o avogado, o xuíz, o delator... todos eles mostran nesta arrevesada ficción, rodada en boa parte con técnicas semi-documentais, o seu particular balanza de atracción e rexeitamento cara á droga e todo canto a rodea.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:
 

1492 : La conquista del paraíso

1492: La conquista del paraísoSinopse: Cristóbal Colón, un navegante xenovés, soña con encontrar unha ruta marítima nova que permita ao reino de Castela chegar directamente aos mercados de Asia, co fin de prescindir dos intermediarios que encarecían as mercadorías. Colón presentara o seu proxecto ao rei de Portugal, pero os expertos rexeitárono porque o xulgaron factible pero ruinoso. Tamén en Castela foi rexeitado ao principio. A pesar de todo, finalmente consegue o apoio do pai Marchena e do armador Martín Alonso Pinzón. Ademais, o banqueiro valenciano Luis de Santángel promételle unha audiencia coa Raíña Isabel de Castela, que aproba o proxecto. O 3 de agosto de 1492, Colón zarpa do Porto de Paus, ignorando que entre Europa e Asia se interpoñían un continente (América) e un océano (o Pacífico) que non figuraban nos mapas. O 12 de Outubro de 1492, 'a Pinta', 'a Nena' e 'A Santa María', atracan nunha pequena illa do Caribe á que chamarán San Salvador. Colón descubriu un novo continente que ensancha os límites do mundo coñecido ata entón. Comeza entón un dos capítulos máis brillantes da Historia da humanidade.

Ficha técnica en Filmaffinity 


Trailer:

Estudio.

Blade Runner

Blade RunnerSinopse: A principios do século XXI, a poderosa Tyrell Corporation creou, grazas aos avances da enxeñaría xenética, un robot chamado Nexus 6 un ser virtualmente idéntico ao home pero superior a el en forza e axilidade, ao que se deu o nome de Replicante. Estes robots traballaban como escravos nas colonias exteriores da Terra. Despois da sanguenta rebelión dun equipo de Nexus-6, os Replicantes foron desterrados da Terra. Brigadas especiais de policía, os Blade Runners, tiñan ordes de matar a todos os que non tivesen acatado a condena. Pero a isto non se lle chamaba execución, chamábaselle "retiro".

Ficha técnica en Filmaffinity


Trailer: 
 

El gigante de hierro

Sinopse: Anos 50: anos da guerra fría. Na pequena localidade de Rockwell (Maine) vive Annie Hughes, nai solteira, que traballa nunha cafetaría. O seu fillo Hogarth, de 9 anos, é un rapaz moi activo e de imaxinación desbordante: encántanlle os cómics e as pelis de ciencia ficcion de serie B, máis se hai neles marcianos e seres extraterrestres; o seu superheroe favorito é Superman. Unha noite tópase no bosque cun enorme home de metal: a súa primeira reacción é fuxir espavorecido, pero cando ve que o robot está en apuros (a punto está de electrocutarse), sálvao. A partir de aí nace unha curiosa amizade.

Orixinal filme de animación o que nos serve Brad Bird, inspirándose nun libro infantil do británico Ted Hugues.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer: 

No sin mi hija

No sin mi hija
Sinopse: Tras varios anos casada cun doctor iraní, éste convence a súa esposa para que vaian visitar, coa súa filla (de catro anos), á familia en Teherán durante dúas semanas. A pesar de que Betty non está contenta coa idea, Moody convéncea afirmando que poderán marcharse cando queiran; polo que, finalmente, aceptan. Unha vez chega a Irán, ela debe levar un velo negro; e descubre que a familia do seu marido non a quere.

Dúas semanas despois Moody revela a Betty que foi despedido do seu traballo e que se quedarán a vivir en Irán. Esta decisión conta coa oposición de Betty, que descubre que o seu marido cambiou por completo. O enfontarse a el golpea e confíscalle o diñeiro e pasaporte. Betty intentará desde ese momento, contactar coa súa familia en USA e coa embaixada, pero o seu marido tratará de impedirlo en todo momento.


Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer: 

Thelma y Louise

Thelma & Louise
Sinopse: Thelma é ama de casa. A súa filosofía consiste en deixar as cousas como están. En realidade a súa vida non está mal, ainda que terriblemente aburrida e nada gratificante. O seu marido, detestable e machista, trataa como a unha nena máis que coma unh esposa. Louise é camarera e cree que cada un ten o que se busca. Leva unha vida tola e frustrante, o seu noivo é dos que non queren asumir compromisos. As dúas mulkeres, cansas da situación que viven, deciden "liarse a manta á cabeza" e tomarse unhas improvisadas vacacións. Pero desde a primeira noite de libertade, o seu destino se presenta complicado e tumultuoso.
 

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Memorias de una Geisha

Memorias de una geishaSinopse: Ambientada nun mundo cheo de misterio e exotismo que aínda hoxe segue enfeitizándonos, a historia ten lugar nos anos previos á Segunda Guerra Mundial, cando unha nena xaponesa é separada da súa humilde familia para traballar como sirventa nunha casa de geishas. A pesares de que se cruza no seu camiño unha rival traicionera, que case consigue quebrar a súa entereza, a nena convíertese na lexendaria geisha Sayuri (Zhang Ziyi). Fermosa e dotada dun gran talento, Sayuri cautiva ós homes máis poderosos, pero sobre ela se cierne a sombra dun amor secreto, un home ó que ela non pode aspirar.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Los chicos del coro

Los chicos del coroSinopse: En 1949, Clément Mathieu (Gérard Jugnot), profesor de música en paro, empeza a traballar como vixiante nun internado de reeducación de menores. Especialmente represivo, o sistema de educación do director Rachin (François Berléand) apenas logra manter a autoridade sobre os alumnos difíciles. O os mesmo Mathieu sente unha íntima rebeldía ante os métodos de Rachin e unha mestura de desconcerto e compaixón polos mozos. Nos seus esforzos por achegarse a eles, descobre que a música atrae poderosamente o interese dos alumnos e entrégase á tarefa de familiarizalos coa maxia do canto, á vez que vai transformando as súas vidas para sempre.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

5.11.12

La lista de Schindler

La lista de SchindlerSinopse: Oskar Schindler, un home de enorme astucia e talento para as relacións públicas, deseña un ambicioso plan para gañarse a simpatía dos nazis máis poderosos. Alemaña acaba de invadir Polonia e, grazas ás súas influencias, consegue a propiedade dunha fábrica de Cracovia. Alí emprega por centos de operarios xudeus, cuxa explotación laboral axúdalle a prosperar rapidamente. O seu xerente, tamén xudeu, é o verdadeiro director na sombra, pois Schindler non ten o menor coñecemento industrial.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer

Trece badaladas

Trece campanadasSinopse: Jacobo é un novo escultor que regresa a Santiago de Compostela, a súa cidade natal, logo de quince anos, debido aos problemas de saúde polos que atravesa a súa nai, internada nun centro psiquiátrico. Alí deberá facer fronte a determinados acontecementos que tiveron lugar na súa infancia e que aínda non superou. Mateo, o pai de Jacobo, foi tamén un xenial escultor do que Jacobo parece herdar un talento innato e o deber de terminar a obra que o seu pai deixou sen concluír. Ademais, Jacobo ten ao seu lado a María, a filla da muller que sempre se ocupou dos coidados da súa nai, da que se namora...
Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

300

300Sinopse: Baseada na épica novela gráfica de Frank Miller, 300 narra a antiga Batalla de Termópilas, na que o rei Leónidas (Gerard Butler), xunto con 300 espartanos, loitou a morte contra o Emperador Jerjes e o seu grande exército persa. Facendo fronte a insuperables adversidades, o valor e sacrificio destes homes inspirou a toda Grecia para unirse contra o inimigo persa, e así dicir abonda a esa situación en favor da democracia.

A película fai cobrar vida á aclamada novela gráfica de Miller (Sen City) ao combinar a acción real con fondos dixitais que reproducen a súa marcada visión deste antigo conto histórico.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Las 13 rosas

Las 13 rosasSinopse: O 1º de abril de 1939, coa entrada en Madrid das tropas de Franco, remata a guerra civil española. Temendo a sanguenta represión que se aveciñaba, moitos republicanos foxen do país pero outros non poden ou non queren. Como as novas rapazas protagonistas desta historia real.
Franco promete que soamente serán castigados os que teñan as mans manchadas de sangue. E ningunha desas rapazas as ten. Como Carmen, por exemplo, de 16 anos, que militaba nas Xuventudes Socialistas pero nunca tivo unha arma. Nin a súa amiga Virtudes, que servía na casa duns novos ricos franquistas e pasou a guerra dando de comer anciáns e nenos no Socorro Vermello. Ou Julia, unha cobradora de tranvías, que se afiliara ás Xuventudes Socialistas para poder facer deporte nas instalacións da sede...
Eran rapazas novas, con ilusións, que tiñan noivo, que ían ao cine ou a bailar e divertíanse como podían naqueles duros e grises días da posguerra.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Pequeña Miss Sunshine

Pequeña Miss SunshineSinopse:  Pequeña Miss Sunshine é unha comedia de estrada sobre unha familia americana que rompe calquera molde. Descaradamente satírica e a pesar diso, profundamente humana, a película presenta aos espectadores a unha das familias máis cautivadoramente desestruturadas da historia recente do cine: os Hoover, cuxa viaxe a un concurso de beleza preadolescente non só provoca un cómico caos, senón tamén morte e transformación, botando unha conmovedora ollada ás sorprendentes recompensas de ser un perdedor dentro dunha cultura obsesionada coa vitoria. Exitosa sorpresa do Festival de Cine de Sundance, onde se proxectou e obtivo enormes ovacións, a película chegará ao corazón de todo o mundo que, nalgún momento da súa vida, se vise sorprendido ao ver como a súa desordenada familia conseguiu saír adiante despois de todo.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

La ola

La olaSinopse: Alemaña hoxe. Durante a semana de proxectos, ao profesor de instituto Rainer Wenger (Jürgen Vogel) ocórreselle a idea dun experimento que explique aos seus alumnos cal é o funcionamento dos gobernos totalitarios. Comeza así un experimento que acabará con resultados tráxicos.
En apenas uns días, o que comeza cunha serie de ideas inocuas como a disciplina e o sentimento de comunidade se vai convertendo nun movemento real: A ONDA. Ao terceiro día, os alumnos comeza a illarse e ameazarse entre si.
Cando o conflito finalmente rompe en violencia durante un partido de water polo, o profesor decide non seguir co experimento, pero para entón é demasiado tarde, A ONDA descontrolouse...

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Web oficial .
"Una película sobre la alienación" de Mikel Agirregabiria.
"La Ola: conciencia histórica" en Blog de cine.
Crítica en Zinema.com
Reseña en Decine21.
Guía didáctica: La manipulación en las aulas
Cine y literatura
.

El color púrpura

El color púrpuraSinopse: Ambientada en Estados Unidos, no sur rural. Whoopi Goldberg interpreta a unha nova rapaza negra, obrigada polo seu pai a casar cun home odioso ao que non quere. Só atopa consolo na súa irmá, a quen escribe puntualmente, aínda que as súas cartas de resposta sexan retidas polo seu malvado marido.
É a película de contido serio máis prestixiosa de Steven Spielberg. Unha historia emotiva, intensa e lírica ante a que non poden evitarse as bágoas. Narra unha vida melodramática, na que se mostran en carne viva os sentimentos fundamentais do ser humano.
Está baseada na novela homónima de Alice Walker, gañadora do Premio Pulitzer. 

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Galería de fotos
Reseña de "Cine e Teatro"
Crítica "Todos as cores son o mesmo cor"
Guía didáctica.
O cine como recurso de "EL heraldo escolar".
Educación para a paz e a tolerancia da Unesco.
Banda sonora.

La naranja mecánica

La naranja mecánicaSinopse: Londres, anos oitenta. Alex e os seus amigos tratan de satisfacer os seus instintos agresivos perpetrando unha violación no terreo onde se encontra a esposa do escritor F. Alexander. Un día despois, volven actuar, pero nesta ocasión Alex sofre a traizón dos seus compañeiros. O mozo Alex ingresa na prisión, e despois dun par de anos de reclusión, é elixido polo ministerio do interior británico para probar o método Ludovico. Esta terapia permite, segundo os seus responsables, a rehabilitación de individuos ultraviolentos á sociedade. Ao saír do centro carcerario, Alex recibe un severo correctivo por parte dun antigo amigo reciclado a policía. Despois de vagar malferido nos arredores de Londres durante unha chuviosa noite, Alex é acollido nunha luxosa e moderna mansión na cal reside o Sr.Alexander, prostrado nunha cadeira de rodas.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

En tierra de hombres

En tierra de hombresSinopse: Cando fracasa o seu matrimonio, Josey Aimes volve ó seu pobo natal en busca dun bo traballo. Nai solteira con dous nenos o seu cargo, busca traballo na fonte principal de emprego da rexión, as minas de ferro. O traballo é duro pero se paga ben e as amizades que se forman alí exténdense á vida cotidá, unindo familias e veciños nun fio común. É unha industria dominada polos homes desde sempre, nun lugar pouco acostumado ós cambios. Animada pola súa vella amiga Glory, unha das poucas mulleres mineras no pobo, Josey unese a aqueles traballadores que perforan a rocha para sacar o mineral na canteira. Está mentalizada para o perigoso e duro traballo pero non para aguantar o acoso que ela e as outras mineras sufren por parte dos compañeiros, o cal é unha proba moito máis dura. 

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:
Estudio.  
Guía didáctica.

O soño dunha noite de San Xoán

Sinopse: Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho. Baseada na obra de William Shakespeare.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer: 
 

Gisaku

GisakuSinopse: Nalgún lugar de España, un samurai espera paciente para cumprir unha misión que outrora lle foi encomendada: protexer a Chave de Izanagi do mal. A Chave, formada por poderosas pezas, pecha unha porta que franquea o limiar do mundo. Gisaku é a historia dunha loita entre o ben e o mal, na que un grupo de personaxes moi opostos deberán traballar en equipo para impedir a Gorkan, o Señor das Tebras, que cumpran o seu obxectivo: invadir o mundo cos seus hordas demoníacas. No transcurso da súa misión Riki, Gisaku, Yohei, Linceto e Moira veranse obrigados a vencer os seus conflitos internos e superar numerosas dificultades. 

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

El viaje de Chihiro

El viaje de ChihiroSinopse: Chihiro é unha nena caprichosa e testana de dez anos que cre que o universo enteiro debe someterse aos seus desexos. Cando os seus pais - Akio e Xugo - lle din que teñen que cambiar de casa ponse furiosa e non fai nada para ocultar os seus sentimentos.
Cando a familia marcha Chihiro agárrase ao ramo de flores que lle regalaron os seus amigos coma se levase nel todos os seus recordos. Rumbo á súa nova casa, a familia parece equivocarse de camiño e de súpeto atópanse ao final dun enorme edificio vermello cun interminable túnel no centro que parece unha boca xigantesca...

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Guía didáctica en Comunicación y Pedagogía.
Crítica en El Cronicón Cinéfilo e en DeCine21.
Reseña en La Butaca con comentarios de cómo se fixo...
Reseña do director