6.5.13

Persépolis

PersépolisSinopse: Marjane é unha nena nacida no Irán dos anos 70, nunha familia occidentalizada e aburguesada. Logo da caída do réxime do Sah e a chegada da república islámica de Ruhollah Khomeini aumenta a represión. Co inicio da guerra contra Iraq, os pais deciden enviala ó liceo francés de Viena, onde pasa a adolescencia. Malia todo decide volver ó cabo duns anos, onde ve os resultados da guerra e as transformacións sofridas polo seu país e por Teherán.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer: 


Está baseada na novela gráfica homónima de Marjane Satrapi. A propia autora adaptou o guión e a dirixiu xunto a Vincent Paronnaud.
A película, con música de Olivier Bernet, obtivo un nomeamento á Palma de Ouro ó mellor filme e outro ó Oscar ó mellor filme de animación. Conseguiu o Premio do xurado no Festival de Cannes no 2007. Tamén conseguiu o Premio Especial do xurado no Festival Internacional de Cine Cinemanila.

Donkey Xote

Donkey XoteSinopse: O estraño grupo composto por Don Quixote, o seu escudeiro Sancho (en realidade é moi rico), o burro Ruzio (que pretende ser un cabalo) e o verdadeiro cabalo, Rocinante, emprenden unha viaxe para se bateren en dó co "Cabaleiro da Lúa". Se Quixote o vence, o Cabaleiro revelaralle a verdadeira historia de Dulcinea.

Ficha técnica en FilmaffinityCultura Galega

Trailer:

La Shrektacular Navidad

Las Shrektaculares Navidades de Asno (Shrektacular Navidad de Burro)Sinopse: Asno conta cinco historias navideñas que involucran aos protagonistas da saga Shrek.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Shrek 4 - Felices para siempre

Shrek, felices para siempre (Shrek 4)Sinopse: Shrek anhela os días cando se sentía un "ogro real", espantaba aos aldeáns e se sentía respectado. En busca dese pasado é enganado ao asinar un pacto co afable negociador Rumpelstiltskin. De pronto Shrek encóntrase nunha retorcida versión alterna de Muy Muy Lejano, onde Fiona é un ogro de caza, Rumpelstiltskin é o rei, Burro nunca coñeceu a Shrek, o Gato con Botas é obeso e preguiceiro, Shrek e Fiona non se coñecían.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Shrek tercero

Shrek Tercero (Shrek 3)Sinopse: Cando Shrek casou con Fiona, non caeu na conta de que tarde ou cedo acabaría sendo rei. Así, ao caer enfermo o seu sogro, o Rei Harold, Shrek corre o perigo de ter que abandonar o seu amado pantano para ocupar o trono; a menos que encontre un herdeiro. Decide entón emprender unha viaxe con Asno e o Gato con Botas para encontrar a Arturo, o primo de Fiona. Mentres, en Muy Muy Lejano, o Principe Encantador recruta un exército de viláns para tomar o trono pola forza. Pero non contan con que Fiona e a Raíña Lillian tamén reuniron o seu grupo de heroínas para facerlles fronte..

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Shrek 2

Sinopse: Cando Shrek e a princesa Fiona regresan da súa lúa de mel, os pais dela invítanos a visitar o reino de Muy Muy Lejano para celebrar a voda. Para Shrek, ao que nunca abandona o seu fiel amigo Asno, isto constitúe un gran problema. Os pais de Fiona, pola súa banda, non esperaban que o seu xenro tivese un aspecto semellante e, moito menos, que a súa filla tivese cambiado tanto. Todo isto trastorna os plans do rei respecto ao futuro do reino. Pero entón entran en escena a maquiavélica Fada Madriña, o seu arrogante fillo o Príncipe Encantador e un mico moi especial: o Gato con Botas, experto cazador de ogros.

Ficha técnica en Filmaffinity.com

Trailer:
 
 

Shrek

ShrekSinopse: Hai moito tempo, nun afastado lamazal, vivía un feroz ogro chamado Shrek. De súpeto, un día, a súa soidade vese interrompida por unha invasión de sorprendentes personaxes. Hai ratonciños cegos na súa comida, un enorme e malísimo lobo na súa cama, tres porquiños sen fogar e outros seres que foron deportados da súa terra polo malvado Lord Farquaad. Para salvar o seu territorio, Shrek fai un pacto con Farquaad e emprende viaxe para conseguir que a bela princesa Fiona acceda a ser a noiva do Lord. En tan importante misión acompáñao un divertido burro, disposto a facer calquera cousa por Shrek: todo, menos gardar silencio.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:


Premios:

2001: Oscar: Mellor longametraxe de animación. 2 nominacións
2001: Nominada ao Globo de Ouro: Mellor película comedia ou musical
2001: Premios BAFTA: Mellor guión adaptado. 6 nominacións, incluíndo mellor filme
2001: Festival de Cannes: Sección oficial de longametraxes
2001: National Board of Review: Mellor longametraxe de animación
2001: Asociación de Críticos dos Anxeles: Mellor longametraxe de animación
2001: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores filmes do ano
2001: Critics' Choice Awards: Mellor longametraxe de animación. 2 nominacións

Kung Fu Panda 2

Kung Fu Panda 2Sinopse: Po vive agora o seu soño como guerreiro dragón protexendo o val da Paz xunto aos seus amigos os cinco furiosos. Pero Po será ameazado por un novo vilán, que planea usar unha imparable arma secreta para conquistar China e destruír o Kung Fu. Po enfrontarase a el, pero como se pode parar unha arma que pode destruír o Kung Fu. Po deberá buscar no seu pasado e descubrir os segredos da súa misteriosa orixe, só entón poderá encontrar a forza que necesita.

Ficha ténica en Filmaffinity

Trailer:

Kung Fu Panda : Los secretos de los maestros

Kung Fu Panda: Los secretos de los maestrosSinopse: Entusiasta, grande e torpe, Po é un tolo do kung-fu, un pasatempo que non encaixa moi ben co seu traballo no restaurante de tallaríns da familia. Pero cando o destino quere que Po sexa o escollido para cumprir cunha antiga profecía, preséntase a oportunidade de que todos os seus soños se fagan realidade. Sumirase no mundo do kung-fu para estudar cos seus ídolos, os lendarios Cinco Furiosos: Tigresa, Grúa, Barbantesa, Víbora e Mono, baixo o liderado do seu gurú, o mestre Shifu. Pero o vingativo leopardo das neves, Tai Lung, prepara un ataque. Po deberá defender o Val da Paz da terrible ameaza. Poderá facer realidade o seu soño de converterse nun mestre do kung-fu? Po intentarao con todo o seu ser, e este inesperado heroe descubrirá que as súas maiores debilidades tamén son as súas maiores bazas.

Ficha ténica en Filmaffinity

Trailer: 

Arthur y los Minimoys

Arthur y los MinimoysSinopse: Xusto cando a súa avoa está a punto de perder a casa na que vive, Arthur, un neno de 10 anos, recorda que o seu avó lle falara dun gran tesouro oculto na terra dos Minimoys, un universo de pequenos seres fantásticos que viven en harmonía coa natureza, un mundo tan afastado e non obstante tan próximo e invisible ao ollo humano. Decidido a salvar a súa avoa, Arthur conseguirá a chave para entrar nel e alí coñecerá a princesa Selenia e o seu irmán Betameche. Xuntos buscarán o tesouro escondido e deberán enfrontarse ao diabólico M, nunha aventura que nos ensinará que, en ocasións, os pequenos heroes son capaces de conseguir grandes logros. 

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Valiant

ValiantSinopse: Historia dunha pequena pero valente pomba chamada Valiant cuxo sono é pertencer ao corpo de elite das pombas mensaxeiras que serven como correos para o exército británico durante a Segunda Guerra Mundial. As aves axudaron aos Aliados transportando mensaxes vitais pola Canle da Mancha, superando múltiples obstáculos, entre eles, os perigosos ataques da brigada de falcóns inimigos

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Ratatouille

RatatouilleSinopse: Esta cinta preséntanos a Remy, unha rata que naceu cun desenvolvido sentido do olfacto. Cando descobre un libro do máis grande Chef de París, Remy marabíllase do mundo culinario, soña con converterse nun gran chef francés a pesar da oposición da súa familia, o seu pai e o seu irmán Emile, sen esquecer o problema evidente que supón ser unha rata nunha profesión que detesta ós roedores. Logo de separarse da súa familia nun accidente, o destino leva a Remy ós sumidoiros de París, pero a súa situación non podería ser mellor, xa que se encontra xusto debaixo dun restaurante que se fixo famoso grazas a Auguste Gusteau, unha estrela da cociña. A pesar do perigo que representa ser un visitante pouco común nos fogóns dun exquisito restaurante francés, a paixón de Remy pola cociña pon patas arriba o mundo culinario parisiense. Así coñece ó inexperto e algo zoupón lavalouzas Linguini, con quen fai unha profunda amizade, para así xuntos lograr ser os máis prestixiosos chefs de Francia. Cando todo parece mellorar, Remy atópase co seu irmán Emile, quen lle pide regresar coa súa familia. O roedor debátese entre a súa vocación e os seus seres queridos.

Ficha técnica en Filmaffinity 

Trailer:


Premios:

2007: Oscar: Mellor longametraxe de animación. 5 nominacións
2007: Globo de Ouro: Mellor filme de animación
2007: Premios BAFTA: Mellor longametraxe de animación
2007: Premios Annie: 9 premios, incluíndo Mellor filme. 13 nominacións
2007: National Board of Review: Mellor longametraxe de animación
2007: Festival de Toronto: Mellor Mellor longametraxe de animación
2007: Asociación de Críticos dos Anxeles: Mellor longametraxe de animación
2007: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores filmes do ano
2007: Critics' Choice Awards: Mellor longametraxe de animación

El secreto del libro de Kells

El secreto del libro de KellsSinopse: Brendan, un novo monxe de 12 anos, vive nunha abadía fortificada de Kells na Irlanda do século IX. Xunto co resto de irmáns, axuda a construír unha muralla para protexer a abadía dos asaltos dos viquingos. Cando coñece o Irmán Aidan, un famoso mestre miniaturista e "gardián" dun excepcional libro de miniaturas que está, non obstante, inacabado, o pequeno Bernard vai vivir incribles aventuras. Aidan iniciará o protagonista na arte da miniatura para a que o neno parece ter un incrible talento. Para rematar o libro e enfrontarse aos seus medos, Brendan sae da abadía por primeira vez e intérnase no bosque encantado onde perigosas criaturas míticas o esperan escondidas. Alí coñece a Aisling, un lobeto que o axudará no seu camiño. Logrará Bernard cumprir a súa misión a pesar das hordas de viquingos que se achegan? Poderá demostrar que a arte é a mellor protección contra os bárbaros?

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:



Premios :

2009: Oscar: Nominado ao mellor filme de animación
2009: Premios Annie: Nominado ao mellor filme
2009: Festival de Annecy: Premio da audiencia. Nominado ao mellor filme

Como entrenar a un dragón

Cómo entrenar a tu dragónSinopse: Ambientada no mítico mundo dos afoutos viquingos e dos dragóns salvaxes, esta comedia de acción narra a historia de Hiccup, un viquingo adolescente que non encaixa na anterga reputación da súa tribo como cazadores de dragóns. O mundo de Hipo revoluciónase ó atopar a un dragón que o desafía a el e ós seus compañeiros viquingos, a ver o mundo dende un punto de vista totalmente diferente.
Está baseado no libro homónimo How to Train Your Dragon de Cressida Cowell. 

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:


Premios: 

2010: Oscar: Nominada ao Mellor filme de animación e mellor banda sonora
2010: Premios Annie: 10 premios, incluíndo filme, director, guión. 16 nominacións
2010: 2 Nominacións aos Premios BAFTA: Mellor filme de animación e música
2010: Nominada a Critics' Choice Awards: Mellor longametraxe de animación

Happy feet

Happy Feet: rompiendo el hieloSinopse: Os Pingüíns Emperador nacen para cantar e dese xeito encontrar a súa alma xemelga. Todos menos o pequeno Mumble, que resulta ser o peor cantante do seu país, pero en cambio é un excelente bailarín de claqué. O problema é que ser bailarín non está ben visto na súa terra e séntese rexeitado, así que Mumble decide que o mellor será marchar a coñecer o mundo que hai máis alá das terras dos Pingüíns Emperador. En compañía dos amigos de Adelie e dun pingüín tolo chamado Lovelace, Mumble comezará unha viaxe chea de máxicas aventuras e ensinará a todos os Pingüíns Emperador que sendo fiel a un mesmo podes conseguir calquera cousa que che propoñas.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:


Premios: 

2006: Oscar: Mellor longametraxe de animación
2006: Globos de Ouro: Mellor canción orixinal. 2 nominacións
2006: Premios BAFTA: Mellor longametraxe de animación. 2 nominacións
2006: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor longametraxe de animación
2006: Asociación de Críticos dos Anxeles: Mellor longametraxe de animación
2006: Toronto: Mellor longametraxe de animación
2006: Premios Annie: Nominada a Mellor película e mellor guión
2006: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores películas do año
2006: Critics' Choice Awards: Mellor longa de animación, banda sonora

Up

UpSinopse: Carl Fredricksen é un vendedor de globos xa xubilado, de 78 anos. De neno coñecera a unha nena chamada Ellie, coa que terminara casando. Desde cativos soñaran con explorar Sudamérica e coñecer "as fervenzas Paraíso", pero Ellie faleceu sen poder logralo.
Pero cando se ve acosado por empresas urbanísticas para deixar a súa casa, e é forzado a retirarse a un asilo, Carl decide cumprir o soño da parella. Fai voar a súa casa, atándolle miles de globos de helio. Pero ao pouco de comezar o voo, descubre que leva un polizón, un explorador de 8 anos chamado Russell. Tras atravesar tormentas tropicais, ambos os dous chegan á selva, e atopan ao ídolo da infancia de Carl, un explorador que non dubida en querer matalos para atopar un ave.
Finalmente, Carl e Russell regresan á vila de orixe nun dirixible, vivindo en calma e lembrando a súa aventura.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:


Premios:

2009: 2 Oscars: Mellor filme de animación, bso. 5 nominacións
2009: Premios Annie: Mellor filme e mellor director. 9 nominacións
2009: 2 Globos de Ouro: Mellor filme de animación, banda sonora
2009: 2 Premios BAFTA: Mellor filme de animación e banda sonora. 4 nominacións
2009: Asociación de Críticos dos Anxeles: Finalista a mellor longametraxe de animación
2009: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores filmes do año
2009: 2 Critics' Choice Awards: Mellor longametraxe de animación e banda sonora.

Wall-e

WALL•ESinopse: No ano 2700, nun planeta Terra devastado e sen vida, tras centos de solitarios anos facendo aquilo para o que foi construído -limpar o planeta de lixo- o pequeno robot WALL-E (acrónimo de Waste Allocation Load Lifter Earth-Class) descobre unha nova misión na súa vida (ademais de recoller cousas inservibles) cando se atopa cunha moderna e lustrosa robot exploradora chamada EVA. Ambos vivirán unha emocionante e inesquecible aventura.

Ficha técnica en Filmaffinity
 
Trailer:




Palmarés:

2008: Oscar ó mellor filme de animación. 6 nomeamentos.
2008: Globo de Ouro: Mellor filme de animación. 2 nomeamentos.
2008: BAFTA: Mellor filme de animación. 2 nomeamentos.
2008: National Board of Review: Mellor filme de animación.
2008: Festival de Toronto: Mellor filme de animación.

Pesadilla antes de navidad

Pesadilla antes de navidadSinopse: Cando Jack Skellington, o Señor de Halloween, descobre o Nadal, queda prendado del e decide melloralo. Con todo, a súa visión da festividade é totalmente contraria ao espírito navideño. Os seus plans inclúen o secuestro de Santa Claus e a introdución de cambios bastante macabros. So  a súa noiva Sally é consciente do error que está cometendo.

Ficha técnica en Filmaffinity
 
Trailer:

Número 9

Número 9 (Nueve)Sinopse: Aventura post-apocalíptica protagonizada por nove bonecos de farrapo que deberán enfrontarse a unhas máquinas xigantes se queren preservar o futuro da civilización. A historia transcorre nun futuro moi próximo. O invento coñecido como a Gran Máquina, activa e aporta enerxía ás máquinas que se ergueron contra a raza humana, acabando coa poboación. O mundo pronto ficará en ruínas, pero un grupo de pequenos seres intentan salvar o pouco que queda da civilización. Está composto por nove criaturas ás que un científico infundiu vida pouco antes da catástrofe. Entre o grupo, Número 9 demostra ter madeira de líder e cualidades que quizais lles axuden a sobrevivir e mesmo a prosperar.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:


Los mundos de Coraline

Los mundos de CoralineSinopse: Baseada nunha novela de Neil Gaiman, narra a historia dunha nena que, ao atravesar unha parede da súa casa, encontra unha versión mellorada da súa vida: seus pais son máis considerados con ela, pero as sensacións maravillosas darán paso ao medo e á angustia.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer: 
 
Premios

2009: Nominada ao Oscar: Mellor filme de animación
2009: 3 Premios Annie: Mellor deseño de personaxes, deseño de produción, BSO. 10 nomin.
2009: Nominada ao Globo de Ouro: Mellor filme de animación
2009: Nominada aos Premios BAFTA: Mellor filme de animación
2009: Festival de Annecy: Mellor longametraxe (ex-aequo con "Mary and Max")
2009: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores filmes do año
2009: Nominada a Critics' Choice Awards: Mellor longametraxe de animación

De profundis

De ProfundisSinopse: Unha casa no medio do mar está ateigada de obxectos relacionados co mar e a navegación, e planos e deseños dun barco soñado por un pintor. A muller que o ama toca o violoncello na terraza fronte ao mar. A música convoca un fato de grandes cetáceos que se aproximan á casa. No entanto, o pintor vai de mariñeiro nun pesqueiro. Cando se desencadea unha treboada e unha onda xigantesca afunde a embarcación, a muller, na soidade da casa, intúe e presaxia a traxedia... Primeira longametraxe de animación dirixida por Miguelanxo Prado, primeira longa animada de Continental. 

Ficha en Cultrura Galega

Trailer: 


Palmarés: Obtivo a máxima axuda do fondo europeo Eurimages para producción de obras audiovisuais. Candidata ao premio Goya da Academia Española como mellor filme de animación de 2006. Nos premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007) recibiu varios recoñecementos: Miguelanxo Prado foi galardonado como mellor director (ex aequo con Carlos Iglesias por "Un franco, 14 pesetas"); Nani García e Xabier Ferreiro foron premiados polo mellor son; Nani García como autor da mellor banda sonora; o web www.deprofundislapelicula.com recibiu o premio á mellor produción interactiva. A música e o seu compositor optaron aos Premios GoldSpirit (2008) nas categorías de mellor BSO española, mellor BSO de animación e mellor compositor español. Estreada en Portugal en 2009.

Cid, o (a lenda)

O Cid, a lendaSinopse: Rodrigo ten ante si un futuro prometedor. Fillo dun noble castelán, edúcase na corte na compañía do seu mellor amigo Sancho, o primoxénito do monarca. Mais tras a morte do Rei Fernando, Rodrigo vese envolto nun mundo de tramas e conspiracións que acabarán coa vida de Sancho e a coroación do infante Alfonso. Desterrado de Castela e deshonrado, Rodrigo emprende cos seus fieis unha arriscada aventura. Este filme contou coa participación dunha trintena de profesionais da factoría Bren Entertainment, sita en Santiago de Compostela, nun labor centrado na animación 3D. Editado en DVD con audio en galego. 

Ficha técnica en Cultura Galega

Trailer:
 

Palmarés:
Mellor película de animación nos XVIII premios da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de España ("Premios Goya", 2003).  

Kirikú y las bestias salvajes

Kirikú y las bestias salvajesSinpose: O avó, no seu trono da gruta azul, cóntanos cómo Kirikú se convirte en xardineiro, detective, alfareiro, comerciante, viaxeiro e médico, e cómo o máis pequeno e valiente dos heroes terá que buscar no seu interior para encontrar o valor, a astucia e a xenerosidade necesarias para triunfar sobre o mal. 

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer

14.2.13

También la lluvia

También la lluviaSinopse: Cochabamba, Bolivia. Ano 2000. Sebastián (Gael García Bernal) e Costa (Luis Tosar) propuxéronse facer unha película sobre Cristóbal Colón e o descubrimento de América. Mentres que Sebastián, o director, pretende desmitificar o personaxe presentándoo como un home ambicioso e sen escrúpulos; a Costa, o produtor, só lle importa axustar a película ao modesto presuposto do que dispoñen; precisamente por iso elixe Bolivia, por ser un dos países máis baratos e con maior poboación indíxena de Hispanoamérica. A película ródase en Cochabamba, onde a privatización e venda da auga a unha multinacional sementa entre a poboación un malestar tal que fará estalar a tristemente famosa Guerra Boliviana da Auga (abril do ano 2000). Cincocentos anos despois do descubrimento de América, paus e pedras enfróntanse de novo ao aceiro e a pólvora dun exército moderno. Pero esta vez non se loita polo ouro, senón polo máis imprescindible dos elementos vitais: a auga.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:
 

Manuale D'Amore

Manuale d'amore (AKA Manual de amor)Sinopse: Película italiana que describe as catro fases do amor: "o frechazo", «a crise», «a traizón» e «o abandono». Consta de catro episodios protagonizados por parellas diferentes. Trátase de historias normais e extraordinarias, doce e irónicas, románticas e divertidas.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

María llena eres de gracia

María, llena eres de graciaSinopse: María, unha moza de 17 anos, vive coa súa familia nunha pequena poboación ao norte de Bogotá. Ela e Branca, a súa mellor amiga, traballan nunha gran plantación de rosas preparando as flores para a exportación. A única distracción de María son os bailes aos que acode cada fin de semana co seu noivo Juan. Un día, para sorpresa da súa familia, abandona o seu traballo e decide irse a Bogotá. O que ninguén sospeita é que María está embarazada. Durante a viaxe, encóntrase cun coñecido que lle fala do seu lucrativo traballo como correo no tráfico de drogas e convéncea para que ela e a súa amiga Blanca se unan á banda. Despois dun curto período de preparación, as dúas amigas soben a un avión con destino a Estados Unidos: María leva 62 paquetitos de heroína no estómago.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:
 

El festín de Babette

El festín de BabetteSinopse: Século XIX. Nunha remota aldea de Dinamarca, dominada polo puritanismo, dúas anciás irmás, que permaneceron solteiras, recordan con nostalxia a súa afastada xuventude e a ríxida educación que as obrigou a renunciar á felicidade. A aparición de Babette, que chega dende París, fuxindo do Terror, cambiará as súas vidas. A recén chegada terá pronto ocasión de corresponder á bondade e á calor con que foi acollida. Un premio de lotaría permítelle organizar unha opulenta cea cos mellores pratos e viños da gastronomía francesa. Todos os veciños aceptan o convite, pero póñense previamente de acordo para non dar mostras dunha satisfacción que sería pecaminosa. Pero, pouco a pouco, nun cerimonial intenso e emotivo, van cedendo aos praceres da cociña francesa.

Ficha técnica en filmaffinity.

Trailer:


11.2.13

Sherlock Holmes

Sherlock HolmesSinopse: Sherlock Holmes e o seu incondicional compañeiro Watson, deberán usar a súa agudeza intelectual e toda clase de recursos e habilidades para enfrontarse a un novo inimigo e desenmarañar un complot que podería destruír o país. Adaptación do cómic de Lionel Wigram, que reinventa os personaxes de Arthur Conan doyle, convertendo a Sherlock Holmes (Robert Downey Jr.) e ao Doutor John Watson (Jude Law) en detectives con habilidades para o boxeo e a esgrima respectivamente.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Yo soy Sam

Yo soy SamSinopse: Sam Dawson (Sexan Penn) é un deficiente mental que deberá loitar por conservar a custodia da súa pequena filla, xa que o Estado considera que non está capacitado para facerse cargo da súa educación. Da súa defensa encargarase unha prestixiosa avogada, Rita Harrison (Michelle Pfeiffer), cuxo desinterese e frialdade inicial cambiarán tras coñecer a Sam, descubrir o amor que sente pola súa filla e comprobar a súa determinación por defender os seus dereitos como pai.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

X-Men orígenes: Lobezno

X-Men Orígenes: LobeznoSinopse: Precoa da película X-Men. Situada 17 anos antes, narra os inicios da arma X e a forma na que Lobezno se converteu en mutante. Logan (Hugh Jackman), convertido nun mutante que se fai chamar Lobezno, e que é capaz de sacar unhas afiadas poutas e dunha forza e axilidade sobrehumana, ultima a súa vinganza contra Victor Creed (Liev Schreiber), culpable da morte da súa noiva. Mentres tanto, outros mutantes acóllense ao programa X para unir as súas forzas.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

La vida es bella

La vida es bellaSinopse: En 1939, a punto de estalar a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), o extravagante Guido chega a Arezzo (Toscana) coa intención de abrir unha libraría. Alí coñece a Dora e, a pesar de que é a prometida do fascista Ferruccio, casa con ela e ten un fillo. Ao estalar a guerra, os tres son internados nun campo de exterminio, onde Guido fará o imposible para facer crer ao seu fillo que a terrible situación que están a padecer é tan só un xogo. 


Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Valquiria

ValkiriaSinopse: Gravemente ferido en combate, o Coronel Claus von Stauffenberg (Cruise), un aristócrata alemán, regresa de África e, tras unirse á resistencia alemá, convértese no cerebro da Operación Valquiria, cuxo obxectivo era derrocar o réxime nazi e rematar coa guerra eliminando previamente a Hitler. O atentado, que fracasou por diversas circunstancias, consistiu na colocación dunha bomba no búnker do Fhürer (1944). O plan prevía ademais a creación dun goberno na sombra que se faría cargo de Alemaña tras a morte do ditador. 

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Titanes, hicieron historia.

Titanes, hicieron historiaSinopse: O fútbol é un dos grandes acontecementos en Virxinia, un estilo de vida, unha institución que todos veneran e que prende as súas raíces xa nos institutos. En 1971, cando o proceso de integración racial obriga o consello local a crear unha soa escola para brancos e negros, a esencia do fútbol verase sometida a unha proba de lume. Herman Boone chega dende Carolina del Sur para ocupar o primeiro posto de adestrador dos T.C. Williams High "Titans", por enriba de Bill Yoast, un adestrador con moitos anos de antigüidade e unha magnífica reputación. A proba: Deixarán que un negro suplante a un branco ao mando dun equipo de fútbol? Rivais nun principio, xuntos terán unha gran tarefa que levar a cabo, converter a unha cuadrilla de rapaces agresivos e desorientados en adultos responsables e sensibles, e liberar á cidade da súa intolerancia e prexuízos raciais. 

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Thirteen

ThirteenSinopse: Tracy (Evan Rachel Wood), unha moza de 13 anos de Los Ángeles, queda fascinada por Evie (Nikki Reed), a rapaza máis popular do instituto. Tras facerse moi amigas, e debido á perigosa influencia da "cool" Evie, a antes inocente Tracy verase pouco a pouco atrapada nun trepidante ritmo de vida que nada tiña que ver coa súa anterior vida sedentaria. Tracy embárcase nun mundo salvaxe sobre o que non ten control. Mentres, Mel (Holly Hunter), a nai de Tracy, trata desesperadamente de comprender a radical transformación que está a sufrir a súa filla.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Sleepers

SleepersSinopse: Durante os anos 60, a igrexa dos Santos Anxos e a súa escola eran o centro da "Cociña do Inferno", un barrio marxinal de Nova York. Alí podían refuxiarse os nenos marxinados. John, Lorenzo, Michael e Tommy son catro amigos que tratan de sobrevivir nun barrio de inmigrantes e cuxa única guía moral é o pai Robert Carillo, un tipo criado nas rúas que intenta que non se desvíen do bo camiño. Non obstante, tras unha fechoria colectiva na que case morre un home, os catro rapaces son enviados ao Fogar Wilkinson.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Siete años en el Tibet

Siete años en el TíbetSinopse: Heinrich Harrer foi un famoso alpinista austríaco, que intentou a ascensión ao Nanga Parbat; pero, desgraciadamente, a súa aventura viuse bruscamente interrompida polo estalido da Segunda Guerra Mundial (1939-1945). Tanto el coma o seu compañeiro Peter Ausehnaiter foron recluídos nun campo de concentración, do que lograron escapar a través das montañas.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Scott Pilgrim contra el mundo

Scott Pilgrim contra el mundoSinopse: Scott Pilgrim (Michael Cera) é un mozo que coñece a muller dos seus sonos, Ramona V. Flowers (Mary Elizabeth Winstead). Pero para conquistar o seu corazón, deberá primeiro loitar e vencer as súas sete malvadas ex-parellas, misión farto complicada, pois teñen poderes especiais...

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

10.2.13

Seven

Seven   (Se7en)Sinopse: O veterano tenente Somerset (Morgan Freeman), do departamento de homicidios, está a punto de xubilarse e ser substituído polo ambicioso e impulsivo detective David Mills (Brad Pitt). Ambos os dous terán que colaborar na resolución dunha serie de asasinatos cometidos por un psicópata que toma como basee a relación dos sete pecados capitais: gula, preguiza, soberbia, avaricia, envexa, luxuria e ira. Os corpos das vítimas, sobre os que o asasino se asaña de xeito impúdico, converteranse para os policías nun enigma que os obrigará a viaxar ao horror e a barbarie máis absoluta.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

El resplandor

El resplandorSinopse: Jack Torrance trasládase coa súa muller e o seu fillo de sete anos ao impresionante hotel Overlook, en Colorado, para encargarse do mantemento das instalacións durante a tempada invernal, época na que permanece pechado e illado pola neve. O seu obxectivo é encontrar paz e sosego para escribir unha novela. Non obstante, pouco despois da súa chegada ao hotel, ao mesmo tempo que Jack empeza a padecer inquietantes trastornos de personalidade, se suceden estraños e arrepiantes fenómenos paranormais.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Reinas

ReinasSinopse: Ofelia (Betiana Blum), Magda (Carmen Maura), Reis (Marisa Paredes), Helena (Mercedes Sampietro) e Nuria (Verónica Forqué) forman un póker de personalidades tan excéntricas como entrañables. Son nais de varóns atractivos, son modernas e viven moi atafegadas. Pero o destino reservoulles unha fantástica sorpresa: os seus fillos están a punto de casarse na primeira voda gay da historia de España. E non haberá adversidade nin contratempo capaz de impedir que as cinco asistan á cerimonia.

Ficha técnica en Filmaffinity.

La red

La redSinopse: O primeiro día das súas vacacións, unha programadora de ordenadores recibe un estraño disquete para que o investigue. Gárdallo e descobre que posúe unha clave para acceder ao control das bases de datos protexidas de Estados Unidos. Á vez ve como todos os datos da súa vida que figuran en arquivos informáticos son suprimidos ou terxiversados.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Las razones de mis amigos

Las razones de mis amigosSinopse: Santiago, Marta e Carlos son amigos dende hai quince anos. A súa amizade comezou na universidade. Unha vez ao mes reúnense para comer xuntos no mesmo restaurante, aínda que os seus sonos e ilusións de entón desapareceron. Nunha ocasión, Carlos pide aos seus amigos un préstamo de varios millóns para sacar a flote a súa maltreita empresa de informática, pero o tempo pasa e, ao non poder pagar a súa débeda, a súa profunda amizade entrará en crise.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

El pez gordo

El pez gordoSinopse: Nun hotel de Wichita, na última noite dunha convención de empresarios, dous vendedores dunha empresa de lubricantes industriais e un mozo empregado desta encóntranse ansiosos á espera de poder pechar un cuantioso trato cun importante empresario, un "peixe gordo" como lles gusta denominalo, pois todo indica que poderán escalar na empresa se pechan o trato. Phil, o xefe de vendas, está queimado, xa nos seus cincuenta, divorciado e con catro fillas. Xa o viu todo, e está afeito ás viaxes constantes e as estanzas solitarias en hoteis remotos de toda América. Bob é un investigador calado de veintitantos anos, en viaxe de negocios por primeira vez, con moitas ganas de escoitar todo o que Phil lle conta sobre a vida na rúa e no traballo. Devotamente relixioso e acabado de casar, Bob está bastante preocupado polo estado marital de Phil. Larry é todo o que Bob non é: bebe, desexa as mulleres, especialmente ás que van vestidas de executivas, e é escandaloso. Larry ten unha perspectiva única da vida e parece deleitarlle a confrontación.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

9.2.13

La noche del cazador

La noche del cazadorSinopse: Tras cometer un atraco, un pai confía o botín aos seus dous fillos pequenos, antes de ser detido. Esperando a súa execución, comparte cela cun sinistro predicador -sobrecolledor Mitchum-, que oe en sonos a historia do diñeiro... Comeza así unha persecución tan fascinante como terrorífica, que cativa sen descanso pola forza das súas imaxes e a potencia do relato. Un marabilloso conto cinematográfico dunha capacidade hipnótica visual nunca superada. Considerada na actualidade como unha obra mestra indiscutible, tivo moi pouco éxito na súa estrea, motivo polo que Laughton non volveu dirixir nunca máis. Unha xoia imprescindible.

Ficha técnica en  Filmaffinity.

Trailer:

Matar a un ruiseñor

Matar a un ruiseñorSinopse: Adaptación da novela homónima de Harper Lee. Na época da Gran Depresión, nunha poboación sureña, Atticus Finch (Gregory Peck) é un avogado que defende un home negro acusado de ter violado unha muller branca. Aínda que a inocencia do home resulta evidente, o veredicto do xurado é tan previsible que ningún avogado aceptaría o caso, agás Atticus Finch, o cidadán máis respectable da cidade. A súa compasiva e valente defensa dun inocente granxéalle inimizades, pero outórgalle o respecto e a admiración dos seus dous fillos, orfos de nai.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

La maldición de los hoyos

La maldición de los hoyos  (Holes)Sinopse: Stanley Yelnats (palíndromo) é un mozo que vai parar a un campo de traballo xuvenil por un delito que non cometeu. A gardiá do campo obriga os rapaces a cavar grandes buratos nun lago seco. Alega que, aínda que esa actividade pareza inútil, contribúe a forxar o carácter; en realidade o que acontece é que está a buscar un lendario tesouro.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Flores del otro mundo

Flores de otro mundoSinopse: Patricia, unha dominicana, busca un fogar e unha seguridade económica que a súa situación de inmigrante ilegal non lle permite alcanzar en Madrid. Milady, unha cubana de vinte anos, soña con percorrer o mundo. Marirrosi, unha bilbaína con casa e traballo, vive na máis completa soidade, unha soidade como a que comparten Alfonso, Damián e Carmelo, veciños de Santa Eulalia, un pobo sen mulleres casadeiras nin futuro. Grazas a unha festa organizada polos solteiros do pobo, uns e outras coñécense e comeza unha agridoce historia de convivencias ás veces imposibles.


Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

El diablo sobre ruedas

El diablo sobre ruedas (TV)Sinopse: Cando David intenta adiantar un camión cisterna non se imaxina que o condutor o tomará como unha ofensa persoal. A partir dese momento, o diabólico camioneiro someterá a David a unha persecución mortal...
Realizada nun principio para a televisión, a súa brillantez estética e intrigante pulso narrativo conseguiron que esta primeira e barata obra dun jovencísimo Steven Spielberg fóra exhibida na pantalla grande. Convertida hoxe case nun filme de culto.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

3.2.13

La red social

La red socialSinopse: Unha noite de outono do ano 2003, Mark Zuckerberg (Eisenberg), alumno de Harvard e xenio da programación, séntase diante do seu ordenador e cheo de entusiasmo empeza a desenvolver unha nova idea. O que comezou no cuarto dun colexio maior pronto converteuse nunha revolucionaria rede social. Seis anos e 500 millóns de amigos despois, Mark Zuckerberg é o billonario máis novo da historia. Pero a este mozo emprendedor o éxito non o trouxo máis que complicacións persoais e legais. Escrita por Aaron Sorkin baseada no libro "The Accidental Billionaires" de Ben Mezrich, "The Social Network" narra a historia dos mozos fundadores da popular rede social Facebook, especialmente do seu creador máis coñecido, Mark Zuckerberg. A súa lenda reza: "Non" se fan "500 millóns de amigos sen facer uns cantos inimigos. "

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Rebelión en las aulas

Rebelión en las aulasSinopse: Mark Thackeray, un enxeñeiro negro sen traballo, acepta un emprego como profesor dun grupo de estudantes bastante conflitivos nunha escola da periferia de Londres. Os seus alumnos son insolentes e groseiros pero, no fondo, non teñen malos sentimentos. Ao principio intenta gañar a súa confianza utilizando os métodos tradicionais, pero fracasa tan estrepitosamente que non terá máis remedio que recorrer a outras fórmulas.

Ficha técnica en Filmaffinity.
Trailer: