Basada no popular libro de Lewis Carroll e ambientada dez anos despois dos feitos que nel se relatan.
Ficha técnica en Filmaffinity
Trailer:
Sinopse: Un importante financeiro estadounidense, Charles Foster Kane, dono dunha importante cadea de xornais, dunha rede de emisoras, de dous sindicatos e dunha inimaxinable colección de obras de arte, morre en Xanadú, o seu fabuloso castelo de estilo oriental. A última palabra que pronuncia antes de expirar, "Rosebud", cuxo significado é un enigma, esperta unha enorme curiosidade tanto na prensa coma entre a poboación. Así as cousas, un grupo de xornalistas emprende unha investigación para desentrañar o misterio.
Sinopse: En Chicago só rexe a lei imposta por Al Capone, que non repara en métodos con tal de controlar todo o tráfico de alcohol. Eliot Ness, inspector de policía, chega á cidade co obxectivo principal de desenmascarar e deter a Capone.
As súas primeiras xestións fracasan estrepitosamente, xa que tanto a
policía coma a prensa están subornados. O encontro cun honrado e valente
policía, Malone, levántalle a moral, e
ambos os dous, axudados por outros dous compañeiros, un aspirante a
policía e un contable, inician a persecución do mafioso e dos seus
homes. Capturan un deles cun comprometedor libro de finanzas. A resposta
do capo é inmediata e liquida nun ascensor o seu home e o contable do
grupo de Ness.Amenaza a familia do inspector e mesmo remata coa vida de Malone. Pero as pistas están dadas e Ness, xunto ao aspirante a policía logran deter, nunha arriscada operación na estación de Chicago, o contable de Al Capone que lle delatará nos tribunais, e aínda que o xurado estea comprado, o xuíz logrará meter ao capo no cárcere.
Sinopse: Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden
acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre
en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está
disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na
procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é
o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos
axudado polo trasno Perecho. Baseada na obra de William Shakespeare.