Precious pode estar ás veces triste, pero nunca se dá por vencida. Detrás da súa expresión impasible encóntrase unha rapaza observadora e curiosa cunha innata e inamovible sensación de que no mundo lle agardan novas oportunidades. Ameazada de expulsión no instituto, a Precious ofrécenlle o traslado a unha escola alternativa que segue o sistema Each One/Teach One, onde ademais de aprender, os alumnos tamén participan no ensino. Precious non sabe que significa "alternativa", pero o seu instinto dille que esta é a oportunidade que estaba a esperar. No taller de alfabetización impartido pola paciente pero estrita Srta. Rain (Paula Patton), Precious emprende unha viaxe persoal que a levará da escuridade, a dor e a impotencia á luz, o amor e a autodeterminación.
Trailer:
Web oficial.
Crítica en Alohacriticón e Decine21.
Reseña en Fotogramas e en El País.
Guía en Asociación de Prensa Juvenil.
Wiki Filosofía e Cine de Rafael Robles
Nenhum comentário:
Postar um comentário