El hundimiento
Sinopse: Berlín, abril de 1945. Unha nación está a punto de sufrir o seu
afundimento. Unha encarnizada batalla líbrase nas rúas da capital. Hitler
(Bruno Ganz) e o seu círculo de confianza atrincheiráronse no
búnker do Führer. Entre eles encóntrase Traudl Junge (Alexandra Maria
Lara), secretaria persoal de Hitler. No exterior, a situación recrúase. A
pesar de que Berlín xa non pode resistir máis, o Führer négase a
abandonar a cidade. Mentres o sanguento peso da guerra cae sobre os seus
últimos defensores, Hitler prepara a súa despedida final. Horas antes
de suicidarse xuntos, el e Eva Braun (Juliane Köhler) cásanse. Os seus
cadáveres deben ser incinerados para que non caian en mans do inimigo.
Moitos outros optan polo suicidio. Cando a situación se fai insostible,
Magda Goebbels (Corinna Harfouch) envelena os seus seis fillos e
seguidamente o seu esposo e ela quitan a vida. Pouco despois, Traudl
Junge e outros superviventes conseguen escapar no último momento...
Ficha técnica en Filmaffinity
Trailer:
Nenhum comentário:
Postar um comentário