Pequeña Miss Sunshine
Sinopse: Pequeña Miss Sunshine é unha comedia de estrada sobre unha familia
americana que rompe calquera molde. Descaradamente satírica e a pesar
diso, profundamente humana, a película presenta aos espectadores a unha
das familias máis cautivadoramente desestruturadas da historia recente
do cine: os Hoover, cuxa viaxe a un concurso de beleza preadolescente
non só provoca un cómico caos, senón tamén morte e transformación,
botando unha conmovedora ollada ás sorprendentes recompensas de ser un
perdedor dentro dunha cultura obsesionada coa vitoria. Exitosa sorpresa
do Festival de Cine de Sundance, onde se proxectou e obtivo enormes
ovacións, a película chegará ao corazón de todo o mundo que, nalgún
momento da súa vida, se vise sorprendido ao ver como a súa desordenada
familia conseguiu saír adiante despois de todo.
Trailer:
Nenhum comentário:
Postar um comentário