Slumdog Millionaire
Sinopse: Un rapaz pobre e orfo de dezaoito anos proveniente das barriadas de Bombay, está a unha pregunta de gañar un premio de 20 millóns de rupias na versión da India de " Queres ser millonario? ". Pero cando o espectáculo para a gravación durante a noite, o mozo é detido sospeitoso de ter feito trampas. Á fin e ao cabo, como pode un rapaz da rúa sen educación saber tanto? Disposto a chegar ao fondo da historia de Jamal, o enfastiado Inspector da Policía pasa a noite investigando o incrible pasado de Jamal, dende os seus fascinantes contos sobre as barriadas nas que Jamal e o seu irmán Salim sobreviviron grazas ao seu enxeño ata os arrepiantes encontros cos matóns locais ou o seu corazón roto por Latika, a inesquecible rapaza que amou e perdeu.
Cada capítulo da historia de Jamal revela onde aprendeu as respostas das aparentemente imposibles probas do programa. Pero hai unha cuestión que continúa sendo un misterio: que fai un rapaz sen desexo de riquezas nun programa como este?
Trailer:
Nenhum comentário:
Postar um comentário