8.12.12

Banderas de nuestros padres

Banderas de nuestros padresSinopse: Segunda Guerra Mundial (1939-1945). A batalla de Iwo Jima (1945), o episodio máis cruento da guerra do Pacífico, quedou inmortalizada na foto duns soldados que izaban unha bandeira norteamericana. O obxectivo desta batalla era a toma dun illote insignificante, pero de gran valor estratéxico, pois dende alí os xaponeses defendían o seu territorio. Na contenda caeron máis de 20.000 xaponeses e 7.000 estadounidenses. Mentres tanto, nos Estados Unidos a célebre foto na que seis soldados izaban a bandeira americana foi un instrumento propagandístico para conseguir fondos que permitisen seguir sufragando os gastos da guerra. O mesmo ano o propio Eastwood dirixiu 'Cartas dende Iwo Jima' ' que narra a mesma batalla dende o punto de vista xaponés.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:


Nenhum comentário:

Postar um comentário