Mostrando postagens com marcador Cine de Animación. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Cine de Animación. Mostrar todas as postagens

23.1.15

Ice Age 4: La formación de los continentes

Ice Age 4: La formación de los continentes Sinopse: A tola persecución de Scrat pola súa escurridiza landra desde o principio dos tempos, ten consecuencias que cambiarán o mundo: un cataclismo continental que desencadenará a maior das aventuras para Manny, Diego e Sid. En medio destas axitacións, Sid reencontrase coa súa Avoa e a manada tropeza cunha extrana cuadrilla de piratas de altamar decididos a impedirlles o su regreso á casa. 

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer :

Ice Age 2: el deshielo

Ice Age 2: El deshielo (La edad de hielo 2) Sinopse: Continuación das aventuras dos animais prehistóricos na Idade de Xeo. Esta vez Manny, Sid e Diego terán a misión de informar aos demais animais de que a Idade de Xeo se acaba, pero que unha xigantesca inundación podería acabar coa fermosa pradeira.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer :

Ice Age

Ice Age: La edad de hielo Sinopse: Na época glacial da prehistoria un mamut, un preguiceiro xixante e un tigre ocuparanse de coidar un bebé humano extraviado pola súa familia.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer :

Planet 51

Planet 51 (Planeta 51) Sinopse: Planet 51 é a historia dunha familia de extraterrestres que vive tranquilamente ata que chega o que eles chaman alieníxena: un home. O capitán Charles "Chuck" Baker, astronauta americano, aterra en Planet 51 pensando que é a primeira persoa en aterrar alí. Para a súa sorpresa descobre que o planeta está habitado por pequenas criaturas verdes que viven nun mundo que recorda á América dos anos 50. Só temen ser invadidos por alieníxenas como Chuck. Axudado polo seu robot Rover e o seu novo amigo Lem, Chuck terá que abrirse camiño para converterse en peza permanente do Museo Espacila de Invasores Alieníxenas de Planet 51.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:


Premios: Goya á mellor animación.

Tadeo Jones

Las aventuras de Tadeo Jones Sinopse: Debido a un malentendido, a Tadeo, un albanel soñador, confúndeno cun famoso arqueólogo e envíano nunha expedición ao Perú. Coa axuda do seu fiel can Jeff, unha intrépida profesora, un loro mudo e un buscavidas, tentará salvar a mítica cidade perdida dos Incas dunha malvada empresa de cazatesouros. Adaptación do corto que gañou un Goya en 2004.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:


Premios: 3 premios Goya (mellor película animada, guión adaptado e director novel).

Brave

Brave (Indomable) Sinopse: Merida, a indómita filla do Rei Fergus e a Raíla Elinor, é unha hábil arqueira que decide romper cun antigo costume, que é sagrado para os señores da terra: o xigantesco Lord MacGuffin, o malhumorado Lord Macintosh e o rebecho Lord Dingwall. As accións de Merida desencadean o caos e a furia no reino. Ademais, pide axuda a unha sabia anciá que lle concede un desexo moi desafortunado. A rapaza terá que afrontar grandes perigos antes de aprender que é a  auténtica valentía.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:


Premios: Óscar, Globo de Ouro e BAFTA  á mellor película de animación.

6.5.13

Persépolis

PersépolisSinopse: Marjane é unha nena nacida no Irán dos anos 70, nunha familia occidentalizada e aburguesada. Logo da caída do réxime do Sah e a chegada da república islámica de Ruhollah Khomeini aumenta a represión. Co inicio da guerra contra Iraq, os pais deciden enviala ó liceo francés de Viena, onde pasa a adolescencia. Malia todo decide volver ó cabo duns anos, onde ve os resultados da guerra e as transformacións sofridas polo seu país e por Teherán.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer: 


Está baseada na novela gráfica homónima de Marjane Satrapi. A propia autora adaptou o guión e a dirixiu xunto a Vincent Paronnaud.
A película, con música de Olivier Bernet, obtivo un nomeamento á Palma de Ouro ó mellor filme e outro ó Oscar ó mellor filme de animación. Conseguiu o Premio do xurado no Festival de Cannes no 2007. Tamén conseguiu o Premio Especial do xurado no Festival Internacional de Cine Cinemanila.

Donkey Xote

Donkey XoteSinopse: O estraño grupo composto por Don Quixote, o seu escudeiro Sancho (en realidade é moi rico), o burro Ruzio (que pretende ser un cabalo) e o verdadeiro cabalo, Rocinante, emprenden unha viaxe para se bateren en dó co "Cabaleiro da Lúa". Se Quixote o vence, o Cabaleiro revelaralle a verdadeira historia de Dulcinea.

Ficha técnica en Filmaffinity e  Cultura Galega

Trailer:

La Shrektacular Navidad

Las Shrektaculares Navidades de Asno (Shrektacular Navidad de Burro)Sinopse: Asno conta cinco historias navideñas que involucran aos protagonistas da saga Shrek.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Shrek 4 - Felices para siempre

Shrek, felices para siempre (Shrek 4)Sinopse: Shrek anhela os días cando se sentía un "ogro real", espantaba aos aldeáns e se sentía respectado. En busca dese pasado é enganado ao asinar un pacto co afable negociador Rumpelstiltskin. De pronto Shrek encóntrase nunha retorcida versión alterna de Muy Muy Lejano, onde Fiona é un ogro de caza, Rumpelstiltskin é o rei, Burro nunca coñeceu a Shrek, o Gato con Botas é obeso e preguiceiro, Shrek e Fiona non se coñecían.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Shrek tercero

Shrek Tercero (Shrek 3)Sinopse: Cando Shrek casou con Fiona, non caeu na conta de que tarde ou cedo acabaría sendo rei. Así, ao caer enfermo o seu sogro, o Rei Harold, Shrek corre o perigo de ter que abandonar o seu amado pantano para ocupar o trono; a menos que encontre un herdeiro. Decide entón emprender unha viaxe con Asno e o Gato con Botas para encontrar a Arturo, o primo de Fiona. Mentres, en Muy Muy Lejano, o Principe Encantador recruta un exército de viláns para tomar o trono pola forza. Pero non contan con que Fiona e a Raíña Lillian tamén reuniron o seu grupo de heroínas para facerlles fronte..

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Shrek 2

Sinopse: Cando Shrek e a princesa Fiona regresan da súa lúa de mel, os pais dela invítanos a visitar o reino de Muy Muy Lejano para celebrar a voda. Para Shrek, ao que nunca abandona o seu fiel amigo Asno, isto constitúe un gran problema. Os pais de Fiona, pola súa banda, non esperaban que o seu xenro tivese un aspecto semellante e, moito menos, que a súa filla tivese cambiado tanto. Todo isto trastorna os plans do rei respecto ao futuro do reino. Pero entón entran en escena a maquiavélica Fada Madriña, o seu arrogante fillo o Príncipe Encantador e un mico moi especial: o Gato con Botas, experto cazador de ogros.

Ficha técnica en Filmaffinity.com

Trailer:
 
 

Shrek

ShrekSinopse: Hai moito tempo, nun afastado lamazal, vivía un feroz ogro chamado Shrek. De súpeto, un día, a súa soidade vese interrompida por unha invasión de sorprendentes personaxes. Hai ratonciños cegos na súa comida, un enorme e malísimo lobo na súa cama, tres porquiños sen fogar e outros seres que foron deportados da súa terra polo malvado Lord Farquaad. Para salvar o seu territorio, Shrek fai un pacto con Farquaad e emprende viaxe para conseguir que a bela princesa Fiona acceda a ser a noiva do Lord. En tan importante misión acompáñao un divertido burro, disposto a facer calquera cousa por Shrek: todo, menos gardar silencio.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:


Premios:

2001: Oscar: Mellor longametraxe de animación. 2 nominacións
2001: Nominada ao Globo de Ouro: Mellor película comedia ou musical
2001: Premios BAFTA: Mellor guión adaptado. 6 nominacións, incluíndo mellor filme
2001: Festival de Cannes: Sección oficial de longametraxes
2001: National Board of Review: Mellor longametraxe de animación
2001: Asociación de Críticos dos Anxeles: Mellor longametraxe de animación
2001: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores filmes do ano
2001: Critics' Choice Awards: Mellor longametraxe de animación. 2 nominacións

Kung Fu Panda 2

Kung Fu Panda 2Sinopse: Po vive agora o seu soño como guerreiro dragón protexendo o val da Paz xunto aos seus amigos os cinco furiosos. Pero Po será ameazado por un novo vilán, que planea usar unha imparable arma secreta para conquistar China e destruír o Kung Fu. Po enfrontarase a el, pero como se pode parar unha arma que pode destruír o Kung Fu. Po deberá buscar no seu pasado e descubrir os segredos da súa misteriosa orixe, só entón poderá encontrar a forza que necesita.

Ficha ténica en Filmaffinity

Trailer:

Kung Fu Panda : Los secretos de los maestros

Kung Fu Panda: Los secretos de los maestrosSinopse: Entusiasta, grande e torpe, Po é un tolo do kung-fu, un pasatempo que non encaixa moi ben co seu traballo no restaurante de tallaríns da familia. Pero cando o destino quere que Po sexa o escollido para cumprir cunha antiga profecía, preséntase a oportunidade de que todos os seus soños se fagan realidade. Sumirase no mundo do kung-fu para estudar cos seus ídolos, os lendarios Cinco Furiosos: Tigresa, Grúa, Barbantesa, Víbora e Mono, baixo o liderado do seu gurú, o mestre Shifu. Pero o vingativo leopardo das neves, Tai Lung, prepara un ataque. Po deberá defender o Val da Paz da terrible ameaza. Poderá facer realidade o seu soño de converterse nun mestre do kung-fu? Po intentarao con todo o seu ser, e este inesperado heroe descubrirá que as súas maiores debilidades tamén son as súas maiores bazas.

Ficha ténica en Filmaffinity

Trailer: 

Arthur y los Minimoys

Arthur y los MinimoysSinopse: Xusto cando a súa avoa está a punto de perder a casa na que vive, Arthur, un neno de 10 anos, recorda que o seu avó lle falara dun gran tesouro oculto na terra dos Minimoys, un universo de pequenos seres fantásticos que viven en harmonía coa natureza, un mundo tan afastado e non obstante tan próximo e invisible ao ollo humano. Decidido a salvar a súa avoa, Arthur conseguirá a chave para entrar nel e alí coñecerá a princesa Selenia e o seu irmán Betameche. Xuntos buscarán o tesouro escondido e deberán enfrontarse ao diabólico M, nunha aventura que nos ensinará que, en ocasións, os pequenos heroes son capaces de conseguir grandes logros. 

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Valiant

ValiantSinopse: Historia dunha pequena pero valente pomba chamada Valiant cuxo sono é pertencer ao corpo de elite das pombas mensaxeiras que serven como correos para o exército británico durante a Segunda Guerra Mundial. As aves axudaron aos Aliados transportando mensaxes vitais pola Canle da Mancha, superando múltiples obstáculos, entre eles, os perigosos ataques da brigada de falcóns inimigos

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Ratatouille

RatatouilleSinopse: Esta cinta preséntanos a Remy, unha rata que naceu cun desenvolvido sentido do olfacto. Cando descobre un libro do máis grande Chef de París, Remy marabíllase do mundo culinario, soña con converterse nun gran chef francés a pesar da oposición da súa familia, o seu pai e o seu irmán Emile, sen esquecer o problema evidente que supón ser unha rata nunha profesión que detesta ós roedores. Logo de separarse da súa familia nun accidente, o destino leva a Remy ós sumidoiros de París, pero a súa situación non podería ser mellor, xa que se encontra xusto debaixo dun restaurante que se fixo famoso grazas a Auguste Gusteau, unha estrela da cociña. A pesar do perigo que representa ser un visitante pouco común nos fogóns dun exquisito restaurante francés, a paixón de Remy pola cociña pon patas arriba o mundo culinario parisiense. Así coñece ó inexperto e algo zoupón lavalouzas Linguini, con quen fai unha profunda amizade, para así xuntos lograr ser os máis prestixiosos chefs de Francia. Cando todo parece mellorar, Remy atópase co seu irmán Emile, quen lle pide regresar coa súa familia. O roedor debátese entre a súa vocación e os seus seres queridos.

Ficha técnica en Filmaffinity 

Trailer:


Premios:

2007: Oscar: Mellor longametraxe de animación. 5 nominacións
2007: Globo de Ouro: Mellor filme de animación
2007: Premios BAFTA: Mellor longametraxe de animación
2007: Premios Annie: 9 premios, incluíndo Mellor filme. 13 nominacións
2007: National Board of Review: Mellor longametraxe de animación
2007: Festival de Toronto: Mellor Mellor longametraxe de animación
2007: Asociación de Críticos dos Anxeles: Mellor longametraxe de animación
2007: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores filmes do ano
2007: Critics' Choice Awards: Mellor longametraxe de animación

El secreto del libro de Kells

El secreto del libro de KellsSinopse: Brendan, un novo monxe de 12 anos, vive nunha abadía fortificada de Kells na Irlanda do século IX. Xunto co resto de irmáns, axuda a construír unha muralla para protexer a abadía dos asaltos dos viquingos. Cando coñece o Irmán Aidan, un famoso mestre miniaturista e "gardián" dun excepcional libro de miniaturas que está, non obstante, inacabado, o pequeno Bernard vai vivir incribles aventuras. Aidan iniciará o protagonista na arte da miniatura para a que o neno parece ter un incrible talento. Para rematar o libro e enfrontarse aos seus medos, Brendan sae da abadía por primeira vez e intérnase no bosque encantado onde perigosas criaturas míticas o esperan escondidas. Alí coñece a Aisling, un lobeto que o axudará no seu camiño. Logrará Bernard cumprir a súa misión a pesar das hordas de viquingos que se achegan? Poderá demostrar que a arte é a mellor protección contra os bárbaros?

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:



Premios :

2009: Oscar: Nominado ao mellor filme de animación
2009: Premios Annie: Nominado ao mellor filme
2009: Festival de Annecy: Premio da audiencia. Nominado ao mellor filme

Como entrenar a un dragón

Cómo entrenar a tu dragónSinopse: Ambientada no mítico mundo dos afoutos viquingos e dos dragóns salvaxes, esta comedia de acción narra a historia de Hiccup, un viquingo adolescente que non encaixa na anterga reputación da súa tribo como cazadores de dragóns. O mundo de Hipo revoluciónase ó atopar a un dragón que o desafía a el e ós seus compañeiros viquingos, a ver o mundo dende un punto de vista totalmente diferente.
Está baseado no libro homónimo How to Train Your Dragon de Cressida Cowell. 

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:


Premios: 

2010: Oscar: Nominada ao Mellor filme de animación e mellor banda sonora
2010: Premios Annie: 10 premios, incluíndo filme, director, guión. 16 nominacións
2010: 2 Nominacións aos Premios BAFTA: Mellor filme de animación e música
2010: Nominada a Critics' Choice Awards: Mellor longametraxe de animación