26.12.12

En el nombre del padre

En el nombre del padreSinopse: Belfast, anos 70. Gerry (Day-Lewis) é un canalla que non fai nada de proveito, para desgusto do seu pai Giuseppe (Postlethwaite), un home tranquilo e educado. Cando Gerry se enfronta ao IRA, o seu pai mándao a Inglaterra. Unha vez alí, por caprichos do azar, é acusado de participar nun atentado terrorista e condenado a cadea perpetua con "os catro de Guildford". Tamén o seu pai é arrestado e encarcerado. En prisión Gerry descobre que a aparente fraxilidade do seu pai esconde en realidade unha gran forza interior. Coa axuda dunha avogada entregada á causa (Thompson), Gerry proponse demostrar a súa inocencia, limpar o nome do seu pai e facer pública a verdade sobre un dos máis lamentables erros legais da historia recente de Irlanda.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário