20.1.13

Juno

JunoSinopse: Juno Macguff (Ellen Page) ten 16 anos e é, segundo os adultos, máis intelixente do que lle convén. É enxeñosa, culta, observadora e, sobre todo, sarcástica. Ese sarcasmo non é máis que unha coiraza para ocultar os seus medos e dúbidas. A raíz da relación cun compañeiro de clase (Michael Cera) queda embarazada. E, como el se desentende do problema, Juno toma unha decisión que conta coa aprobación da súa familia: terá o neno e darao en adopción. Despois haberá que encontrar uns pais adoptivos axeitados. Mark (Jason Bateman) e Vanessa (Jennifer Garner) parecen os pais ideais. Pero resulta que Mark e Juno comparten demasiadas afeccións e parecen entenderse moi ben dende o principio. 

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário