30.1.13

Piratas de Silicon Valley

Piratas de Silicon Valley (TV)Sinopse: Silicon Valley é unha rexión de California onde se asentan, dende a década dos oitenta, moitas das novas empresas relacionadas coa informática e as novas tecnoloxías. "Pirates of Silicon Valley" relata, cos nomes reais, os principios das empresas Apple e Microsoft a través dos seus fundadores: Steve Jobs e Steve Wozniak por parte de Apple, e Bill Gates e Paul Allen como fundadores de Microsoft. Creadores de dúas das maiores multinacionais do mundo dos ordenadores e o software de hoxe en día, este entretido telefilme mostra os comezos destes mozos con enorme talento pero non demasiado bo carácter. Ademais, esta historia de ficción tivo certa polémica na súa estrea, pois afirma claramente que Gates e Allen (de Microsoft) copiaron de Macintosh para o seu sistema operativo Windows. 

Ficha  técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário