30.1.13

Para que no me olvides

Para que no me olvidesSinopse: Irene (Emma Vilarasau) vive con Mateo (Fernando Fernán-Gómez), o seu pai, e co seu fillo David (Roger Coma), un mozo de 22 anos. A convivencia é harmoniosa e feliz, pero xorde un conflito: David, que é un brillante estudante de arquitectura, decidiu irse a vivir coa súa noiva Clara (Marta Etura), unha caixeira de hipermercado. Malia o seu talante liberal, Irene non logra entender unha relación tan dispar. Non obstante, David encontra no seu avó a complicidade necesaria para levar a cabo os seus plans. Mateo é un ancián octoxenario e vitalista a pesar da súa dura historia: era un neno durante a Guerra Civil española (1936-1939), e nela perdeu a súa casa e a toda a súa familia. Pero nada diso puido coa súa enerxía e as súas ganas de vivir. Un día, non obstante, Mateo chega cunha terrible noticia.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário