6.5.13

Persépolis

PersépolisSinopse: Marjane é unha nena nacida no Irán dos anos 70, nunha familia occidentalizada e aburguesada. Logo da caída do réxime do Sah e a chegada da república islámica de Ruhollah Khomeini aumenta a represión. Co inicio da guerra contra Iraq, os pais deciden enviala ó liceo francés de Viena, onde pasa a adolescencia. Malia todo decide volver ó cabo duns anos, onde ve os resultados da guerra e as transformacións sofridas polo seu país e por Teherán.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer: 


Está baseada na novela gráfica homónima de Marjane Satrapi. A propia autora adaptou o guión e a dirixiu xunto a Vincent Paronnaud.
A película, con música de Olivier Bernet, obtivo un nomeamento á Palma de Ouro ó mellor filme e outro ó Oscar ó mellor filme de animación. Conseguiu o Premio do xurado no Festival de Cannes no 2007. Tamén conseguiu o Premio Especial do xurado no Festival Internacional de Cine Cinemanila.

Nenhum comentário:

Postar um comentário