6.5.13

Arthur y los Minimoys

Arthur y los MinimoysSinopse: Xusto cando a súa avoa está a punto de perder a casa na que vive, Arthur, un neno de 10 anos, recorda que o seu avó lle falara dun gran tesouro oculto na terra dos Minimoys, un universo de pequenos seres fantásticos que viven en harmonía coa natureza, un mundo tan afastado e non obstante tan próximo e invisible ao ollo humano. Decidido a salvar a súa avoa, Arthur conseguirá a chave para entrar nel e alí coñecerá a princesa Selenia e o seu irmán Betameche. Xuntos buscarán o tesouro escondido e deberán enfrontarse ao diabólico M, nunha aventura que nos ensinará que, en ocasións, os pequenos heroes son capaces de conseguir grandes logros. 

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário