6.5.13

Shrek

ShrekSinopse: Hai moito tempo, nun afastado lamazal, vivía un feroz ogro chamado Shrek. De súpeto, un día, a súa soidade vese interrompida por unha invasión de sorprendentes personaxes. Hai ratonciños cegos na súa comida, un enorme e malísimo lobo na súa cama, tres porquiños sen fogar e outros seres que foron deportados da súa terra polo malvado Lord Farquaad. Para salvar o seu territorio, Shrek fai un pacto con Farquaad e emprende viaxe para conseguir que a bela princesa Fiona acceda a ser a noiva do Lord. En tan importante misión acompáñao un divertido burro, disposto a facer calquera cousa por Shrek: todo, menos gardar silencio.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:


Premios:

2001: Oscar: Mellor longametraxe de animación. 2 nominacións
2001: Nominada ao Globo de Ouro: Mellor película comedia ou musical
2001: Premios BAFTA: Mellor guión adaptado. 6 nominacións, incluíndo mellor filme
2001: Festival de Cannes: Sección oficial de longametraxes
2001: National Board of Review: Mellor longametraxe de animación
2001: Asociación de Críticos dos Anxeles: Mellor longametraxe de animación
2001: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores filmes do ano
2001: Critics' Choice Awards: Mellor longametraxe de animación. 2 nominacións

Nenhum comentário:

Postar um comentário