6.5.13

Ratatouille

RatatouilleSinopse: Esta cinta preséntanos a Remy, unha rata que naceu cun desenvolvido sentido do olfacto. Cando descobre un libro do máis grande Chef de París, Remy marabíllase do mundo culinario, soña con converterse nun gran chef francés a pesar da oposición da súa familia, o seu pai e o seu irmán Emile, sen esquecer o problema evidente que supón ser unha rata nunha profesión que detesta ós roedores. Logo de separarse da súa familia nun accidente, o destino leva a Remy ós sumidoiros de París, pero a súa situación non podería ser mellor, xa que se encontra xusto debaixo dun restaurante que se fixo famoso grazas a Auguste Gusteau, unha estrela da cociña. A pesar do perigo que representa ser un visitante pouco común nos fogóns dun exquisito restaurante francés, a paixón de Remy pola cociña pon patas arriba o mundo culinario parisiense. Así coñece ó inexperto e algo zoupón lavalouzas Linguini, con quen fai unha profunda amizade, para así xuntos lograr ser os máis prestixiosos chefs de Francia. Cando todo parece mellorar, Remy atópase co seu irmán Emile, quen lle pide regresar coa súa familia. O roedor debátese entre a súa vocación e os seus seres queridos.

Ficha técnica en Filmaffinity 

Trailer:


Premios:

2007: Oscar: Mellor longametraxe de animación. 5 nominacións
2007: Globo de Ouro: Mellor filme de animación
2007: Premios BAFTA: Mellor longametraxe de animación
2007: Premios Annie: 9 premios, incluíndo Mellor filme. 13 nominacións
2007: National Board of Review: Mellor longametraxe de animación
2007: Festival de Toronto: Mellor Mellor longametraxe de animación
2007: Asociación de Críticos dos Anxeles: Mellor longametraxe de animación
2007: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores filmes do ano
2007: Critics' Choice Awards: Mellor longametraxe de animación

Nenhum comentário:

Postar um comentário