14.2.13

El festín de Babette

El festín de BabetteSinopse: Século XIX. Nunha remota aldea de Dinamarca, dominada polo puritanismo, dúas anciás irmás, que permaneceron solteiras, recordan con nostalxia a súa afastada xuventude e a ríxida educación que as obrigou a renunciar á felicidade. A aparición de Babette, que chega dende París, fuxindo do Terror, cambiará as súas vidas. A recén chegada terá pronto ocasión de corresponder á bondade e á calor con que foi acollida. Un premio de lotaría permítelle organizar unha opulenta cea cos mellores pratos e viños da gastronomía francesa. Todos os veciños aceptan o convite, pero póñense previamente de acordo para non dar mostras dunha satisfacción que sería pecaminosa. Pero, pouco a pouco, nun cerimonial intenso e emotivo, van cedendo aos praceres da cociña francesa.

Ficha técnica en filmaffinity.

Trailer:


Nenhum comentário:

Postar um comentário