9.2.13

La noche del cazador

La noche del cazadorSinopse: Tras cometer un atraco, un pai confía o botín aos seus dous fillos pequenos, antes de ser detido. Esperando a súa execución, comparte cela cun sinistro predicador -sobrecolledor Mitchum-, que oe en sonos a historia do diñeiro... Comeza así unha persecución tan fascinante como terrorífica, que cativa sen descanso pola forza das súas imaxes e a potencia do relato. Un marabilloso conto cinematográfico dunha capacidade hipnótica visual nunca superada. Considerada na actualidade como unha obra mestra indiscutible, tivo moi pouco éxito na súa estrea, motivo polo que Laughton non volveu dirixir nunca máis. Unha xoia imprescindible.

Ficha técnica en  Filmaffinity.

Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário