10.2.13

El pez gordo

El pez gordoSinopse: Nun hotel de Wichita, na última noite dunha convención de empresarios, dous vendedores dunha empresa de lubricantes industriais e un mozo empregado desta encóntranse ansiosos á espera de poder pechar un cuantioso trato cun importante empresario, un "peixe gordo" como lles gusta denominalo, pois todo indica que poderán escalar na empresa se pechan o trato. Phil, o xefe de vendas, está queimado, xa nos seus cincuenta, divorciado e con catro fillas. Xa o viu todo, e está afeito ás viaxes constantes e as estanzas solitarias en hoteis remotos de toda América. Bob é un investigador calado de veintitantos anos, en viaxe de negocios por primeira vez, con moitas ganas de escoitar todo o que Phil lle conta sobre a vida na rúa e no traballo. Devotamente relixioso e acabado de casar, Bob está bastante preocupado polo estado marital de Phil. Larry é todo o que Bob non é: bebe, desexa as mulleres, especialmente ás que van vestidas de executivas, e é escandaloso. Larry ten unha perspectiva única da vida e parece deleitarlle a confrontación.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário