14.2.13

María llena eres de gracia

María, llena eres de graciaSinopse: María, unha moza de 17 anos, vive coa súa familia nunha pequena poboación ao norte de Bogotá. Ela e Branca, a súa mellor amiga, traballan nunha gran plantación de rosas preparando as flores para a exportación. A única distracción de María son os bailes aos que acode cada fin de semana co seu noivo Juan. Un día, para sorpresa da súa familia, abandona o seu traballo e decide irse a Bogotá. O que ninguén sospeita é que María está embarazada. Durante a viaxe, encóntrase cun coñecido que lle fala do seu lucrativo traballo como correo no tráfico de drogas e convéncea para que ela e a súa amiga Blanca se unan á banda. Despois dun curto período de preparación, as dúas amigas soben a un avión con destino a Estados Unidos: María leva 62 paquetitos de heroína no estómago.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:
 

Nenhum comentário:

Postar um comentário