14.2.13

También la lluvia

También la lluviaSinopse: Cochabamba, Bolivia. Ano 2000. Sebastián (Gael García Bernal) e Costa (Luis Tosar) propuxéronse facer unha película sobre Cristóbal Colón e o descubrimento de América. Mentres que Sebastián, o director, pretende desmitificar o personaxe presentándoo como un home ambicioso e sen escrúpulos; a Costa, o produtor, só lle importa axustar a película ao modesto presuposto do que dispoñen; precisamente por iso elixe Bolivia, por ser un dos países máis baratos e con maior poboación indíxena de Hispanoamérica. A película ródase en Cochabamba, onde a privatización e venda da auga a unha multinacional sementa entre a poboación un malestar tal que fará estalar a tristemente famosa Guerra Boliviana da Auga (abril do ano 2000). Cincocentos anos despois do descubrimento de América, paus e pedras enfróntanse de novo ao aceiro e a pólvora dun exército moderno. Pero esta vez non se loita polo ouro, senón polo máis imprescindible dos elementos vitais: a auga.

Ficha técnica en Filmaffinity.

Trailer:
 

Nenhum comentário:

Postar um comentário