6.5.13

Up

UpSinopse: Carl Fredricksen é un vendedor de globos xa xubilado, de 78 anos. De neno coñecera a unha nena chamada Ellie, coa que terminara casando. Desde cativos soñaran con explorar Sudamérica e coñecer "as fervenzas Paraíso", pero Ellie faleceu sen poder logralo.
Pero cando se ve acosado por empresas urbanísticas para deixar a súa casa, e é forzado a retirarse a un asilo, Carl decide cumprir o soño da parella. Fai voar a súa casa, atándolle miles de globos de helio. Pero ao pouco de comezar o voo, descubre que leva un polizón, un explorador de 8 anos chamado Russell. Tras atravesar tormentas tropicais, ambos os dous chegan á selva, e atopan ao ídolo da infancia de Carl, un explorador que non dubida en querer matalos para atopar un ave.
Finalmente, Carl e Russell regresan á vila de orixe nun dirixible, vivindo en calma e lembrando a súa aventura.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:


Premios:

2009: 2 Oscars: Mellor filme de animación, bso. 5 nominacións
2009: Premios Annie: Mellor filme e mellor director. 9 nominacións
2009: 2 Globos de Ouro: Mellor filme de animación, banda sonora
2009: 2 Premios BAFTA: Mellor filme de animación e banda sonora. 4 nominacións
2009: Asociación de Críticos dos Anxeles: Finalista a mellor longametraxe de animación
2009: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores filmes do año
2009: 2 Critics' Choice Awards: Mellor longametraxe de animación e banda sonora.

Nenhum comentário:

Postar um comentário