6.5.13

Cid, o (a lenda)

O Cid, a lendaSinopse: Rodrigo ten ante si un futuro prometedor. Fillo dun noble castelán, edúcase na corte na compañía do seu mellor amigo Sancho, o primoxénito do monarca. Mais tras a morte do Rei Fernando, Rodrigo vese envolto nun mundo de tramas e conspiracións que acabarán coa vida de Sancho e a coroación do infante Alfonso. Desterrado de Castela e deshonrado, Rodrigo emprende cos seus fieis unha arriscada aventura. Este filme contou coa participación dunha trintena de profesionais da factoría Bren Entertainment, sita en Santiago de Compostela, nun labor centrado na animación 3D. Editado en DVD con audio en galego. 

Ficha técnica en Cultura Galega

Trailer:
 

Palmarés:
Mellor película de animación nos XVIII premios da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de España ("Premios Goya", 2003).  

Nenhum comentário:

Postar um comentário