24.1.15

A lei da fronteira

La ley de la frontera Sinopse: Bárbara (Aitana Sánchez-Xixón) é unha intrépida xornalista de principios do século XX. En busca de novas aventuras, Bárbara atópase perdida nalgún lugar entre a fronteira de Galicia e Portugal. Alí corre unha serie de riscos ata que é secuestrada por un bandido chamado O Arxentino (Federico Luppi), que anda maleando pola zona coas súas secuaces. Bárbara sente atraída pola forma de vida dos bandidos e non dubida en unirse a eles. Nunha das súas correrías, coñece a dúas buscavidas interpretados por Achero Mañas e Pere Ponce, que non dubidarán en unirse á cuadrilla de bandoleiros. 
Unha entretida historia de aventuras, que conta cun fenomenal elenco artístico. Está narrada con axilidade, e o ritmo da acción é trepidante. Pon de relevo a vida libre e salvaxe dun grupo de homes nunha época na que aínda era posible escaparse do mundo civilizado e gozar na natureza. 

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer: 

Nenhum comentário:

Postar um comentário