24.1.15

Un puente hacia Terabithia

Un puente hacia Terabithia Sinopse: Jess Aarons (Josh Hutcherson) séntese un estraño no colexio, e mesmo na súa propia familia. Jess adestrou todo o verán para converterse no rapaz máis rápido da súa clase, pero o seu obxectivo vese frustrado de xeito inesperado pola nova rapaza no colexio,Leslie Burke (AnnaSophia Robb) que compite na carreira "só para rapaces" e gaña. A pesar de coñecerse deste xeito un tanto peculiar, pronto se converten en mellores amigos. A Leslie encántalle contar historias de fantasía e maxia. A Jess encántalle debuxar pero gardábao para si mesmo ata coñecer a Leslie. Leslieabre un novo mundo de imaxinación para Jess. Xuntos crean o reino secreto de Terabithia, un lugar máxico ao que só pode accederse arrandeándose nunha vella corda que colga sobre o regueiro situado nun bosque próximo ás súas casas. Alí, os amigos gobernan o reino, loitan contra o Mestre Escuro e as súas criaturas e trazan plans para vingarse dos abusones do colexio. Grazas á súa amizade conLeslie, Jess cambia para sempre. Ateigado de criaturas fantásticas, pazos e fermosos bosques, o mundo de Terabithia cobra vida da man dos impresionantes xenios de efectos visuais da oscarizadaWeta Digital (O Señor dos Aneis, King Kong).

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário