
Don Pedro de Aragón regresa vitorioso dunha batalla acompañado do seu irmán don Juan e de Claudio, un mozo florentino que foi cuberto de honras pola súa actuación na contenda. Tras recalar na facenda de Leonardo, un lugar sosegado e paradisiaco da campiña italiana, Claudio namórase de Hero, filla do anfitrión. A trama vira ao redor da voda de Claudio e Hero. Mentres esperan que chegue o gran día, intentan unir a Benedict, un solteiro empedernido, cunha gran amiga de ambos. En tanto, o malvado don Juan intenta impedir a voda. Deliberadamente liviá, a trama centra a súa graza nos enredos que provocan os personaxes.
O filme, que conserva os diálogos orixinais escritos por Shakespeare, é un dos poucos do autor inglés no que participan estrelas de Hollywood (Keanu Reeves, Michael Keaton e Denzel Wáshington).
Ficha técnica en Filmaffinity
Trailer:
Premios:
1993: Globos de Ouro: Nominada a Mellor película comedia/musical
1993: Festival de Cannes: Nominada á Palma de Ouro (mellor película)
1993: Nominada Premios BAFTA: Mellor deseño de vestuario
Nenhum comentário:
Postar um comentário