24.1.15

An education

An Education Sinopse: É 1961 e Jenny (Carey Mulligan), unha atractiva e brillante rapaza de 16 anos, a punto de converterse en muller, soña cunha existencia bohemia con aroma a tabaco Gauloise, mentres canta cancións de Juliette Greco no seu cuarto de Twickenham. Asfixiada polo tedio da rutina propia da adolescencia, Jenny está impaciente por dar o salto á súa vida adulta. Entrementres, é unha estudante aplicada, sobresaínte en todas as materias salvo en latín, polo que o seu pai está convencido que logrará a praza que soña na Universidade de Oxford.
Un día chuvioso, a súa vida nos suburbios cambia radicalmente coa chegada de David (Peter Sarsgaard), un pretendente pouco conveniente. Cos seus máis de trinta anos, urbano e enxeñoso, David despraza instantaneamente a Graham (Matthew Beard), o tamén adolescente e tartamudeante admirador da súa infancia. Para sorpresa dela, David arránxallas para cativar mesmo os seus conservadores pais Jack (Alfred Molina) e Marjorie (Cara Seymour), vencendo sen ningún esforzo as obxeccións naturais que estes teñen cara a el, xa adulto, e xudeu, como pretendente da súa filla. 

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:




Premios
2009: 3 nominacións aos Oscars: Mellor película, actriz (Mulligan), guión adaptado
2009: Nominada ao Globo de Ouro: Mellor actriz drama (Mulligan)
2009: Premios BAFTA: Mellor actriz (Mulligan). 8 nominaciónes

Nenhum comentário:

Postar um comentário