24.1.15

As Encrobas. A ceo aberto

Sinopse: A historia que viviron e viven veciños das Encrobas (Cerceda) desde o momento en que se propón a extracción de carbón (1974) enterrado debaixo dun gran e fértil val. Pretendíase, co apoio do réxime franquista, a expropiación de terras para que Unión Fenosa explotase a mina. Tralo conflito chegou un acordo que só foi parcialmente respectado. Trinta anos despois, case mil persoas tiveron que abandonar o val. Documental estreado 12/5/07.

Ficha técnica en Cultura Galega

Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário