24.1.15

Blanca Madison

Sinopse: Urbano, que ven de saír da cadea, recolle no taxi que conduce a unhas prostitutas con destino a un club ao outro lado da fronteira. No taxi vai tamén unha rapaciña. Na mesma dirección viaxa Blanca Madison, cantante de boleros. Blanca regresa á cidade na que sendo nena sufriu aldraxes a mans do propietario dun club nocturno, chamado Xesús Bocanegra. Entre actuación e actuación organiza, con desesperada frialdade matemática, unha vinganza: matar a Bocanegra. 
Esta producción, integramente galega, rodouse na Coruña e viu a luz dous anos despois de rematarse.

Ficha técnica en Filmaffinity

Nenhum comentário:

Postar um comentário