24.1.15

Amadeus

Amadeus Sinopse: Antonio Salieri é o músico máis destacado da corte do emperador Xosé II de Austria. Entregado á música, promételle a Deus humildade e castidade se conserva as súas extraordinarias dotes musicais. Pero despois da chegada á corte dun rapaz chamado Wolfang Amadeus Mozart, Salieri queda relegado a un segundo  plano. Enfurecido pola perda de protagonismo, fará todo o posible por arruinar a carreira do músico de Salzburgo. Mentre, Mozart, alleo ás maquinacións deste, sorprende a todos coa súa xenialidade como músico, pero tamén polas súas excentricidades.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer


Premios: 8 Óscars (incluído á mellor película, director, actor, guión adaptado), 4 Globos de Ouro (incluido á mellor película), 4 Premios BAFTA (mellor fotografía, entre outros) e Premios César á mellor película estranxeira.

Nenhum comentário:

Postar um comentário