7.11.12

21 gramos

21 gramosSinopse: O profesor universitario Paul Rivers (Sean Penn) e a súa esposa Mary (Charlotte Gainsbourg) ven como a seu relación se balancea entre a vida e a morte. El está mortalmente enfermo e espera un transplante de corazón, mentres que ela quere concibir un fillo seu por medio da inseminación artificial. Esquecido o seu turbulento pasado, Christina Peck (Naomi Watts) ten unha vida familiar chea de esperanza e alegría: ten a súa irmá Claudia (Clea DuVall), o seu marido Michael (Danny Huston) e ás súas dúas filliñas. De extracción social moito máis modesta, o ex convicto e agora firme crente Jack Jordan (Benicio Del Toro) e o sua muller Marianne (Melissa Leo) loitan por sacar adiante os seus dous fillos. Un tráxico accidente fai que as vidas destas tres parellas entren nunha mesma órbita e obriga a Paul a afrontar a súa mortalidade, pon a proba a fe de Jack, e fai que Christina se mova para arranxar o seu presente e quizais o seu futuro. O equilibrio espiritual de cada un deles pode resultar moi custoso para os demais. Pero ningún deles perde a vontade de vivir e o instinto de apoiarse noutra persoa.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário