4.11.12

Precious

Sinpose: Gañadora de tres premios no Festival Sundance 2009, incluíndo o Gran Premio do Xurado e o do Público na sección oficial de Dramático Estadounidense, a película de Lee Daniels PRECIOUS: baseada na novela "PUSH" de Sapphire é un filme vibrante, honesto e cheo de esperanza acerca da capacidade humana de crecer e de sobrepoñerse ás dificultades. Ambientada no ano 1987, é a historia de Claireece "Precious" Jones (Gabourey Sidibe), unha rapaza de 16 anos nacida e criada nunha vida que ninguén desexaría. Quedou embarazada por segunda vez do seu pai ausente; na casa, é practicamente unha escrava da súa nai (Mo'Nique), unha muller amargada que abusa dela emocional e fisicamente. O seu instituto é un verdadeiro caos, e está a rematar secundaria con boas notas e un segredo inconcibible: non sabe ler nin escribir.

Precious pode estar ás veces triste, pero nunca se dá por vencida. Detrás da súa expresión impasible encóntrase unha rapaza observadora e curiosa cunha innata e inamovible sensación de que no mundo lle agardan novas oportunidades. Ameazada de expulsión no instituto, a Precious ofrécenlle o traslado a unha escola alternativa que segue o sistema Each One/Teach One, onde ademais de aprender, os alumnos tamén participan no ensino. Precious non sabe que significa "alternativa", pero o seu instinto dille que esta é a oportunidade que estaba a esperar. No taller de alfabetización impartido pola paciente pero estrita Srta. Rain (Paula Patton), Precious emprende unha viaxe persoal que a levará da escuridade, a dor e a impotencia á luz, o amor e a autodeterminación.

Ficha técnica en Filmaffinity
 
Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário