7.11.12

Mejor... imposible

Mejor... imposibleSinopse: Melvin Udall é un corrosivo escritor de novelas románticas que sofre unha desorde obsesiva que o fai intratable ante o resto da humanidade. Melvin enorgulecese da súa habilidade para molestar, rexeitar, ofender e ferir a todos aqueles ó seu arredor, polo que non é de estrañar que viva na máis absoluta soidade. Non obstante, na súa vida cotiá, hai dúas persoas coas que se relaciona de forma máis ou menos habitual: o seu veciño de en fronte, o artista homosexual Simon Nye, e Carol, a única camareira que é capaz de soportar o seu sarcasmo e malos modais no restaurante ó que acode a comer a diario. Os tres personaxes encontrarán de xeito fortuíto os seus destinos entrelazados e descubrirán mesmo unha oportunidade para ser felices.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer: 
 

Nenhum comentário:

Postar um comentário