12.11.12

Quiero ser como Beckham

Quiero ser como BeckhamSinopse: Jess ten dezaoito anos e os seus pais queren que sexa unha encantadora e convencional rapaza hindú. Pero ela soamente quere xogar ao fútbol como o seu heroe, David Beckham, a estrela do Manchester United. Para Jess, iso significa darlle patadas a un balón no parque cos seus amigos, ata que a descobre Jules, unha moza que a invita a unirse ao equipo de fútbol feminino local. As rapazas teñen a mesma idade e comparten os mesmos sonos. Ao tempo que se vai consolidando a súa amizade, o equipo empeza a viaxar para xogar noutras cidades. Pero os pais de Jess non entenden por que non se calma, estuda dereito e aprende a cociñar. Non entenden por que non pode parecerse á súa irmá maior, Pinky, que está prometida co home axeitado. Jules soña con xogar na liga feminina de fútbol de Estados Unidos, pero o que desexa a súa nai é que sexa un pouco máis feminina. Como vai encontrar noivo se nin sequera se pon un vestido? Pero Jules e Jess séntense atraídos polo mesmo home, o único no que non poden fixarse, Joe, o seu adestrador.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário