6.11.12

Una verdad incómoda

Una verdad incómodaSinopse: Os seres humanos están sentados nunha bomba de reloxaría. Se a maioría dos científicos do mundo teñen razón, quédannos apenas dez anos para evitar unha catástrofe de grandes proporcións que podería facer entrar o clima do planeta nunha espiral destrutiva con temperaturas extremas, inundacións, secas, epidemias e ondadas de calor ata agora descoñecidas. Unha catástrofe preparada polos homes. "Unha verdade incómoda" relata a historia da apaixonada entrega dun home decidido a expoñer os mitos e ideas equivocadas acerca do quentamento global e da súa prevención. Este home é o ex vicepresidente Al Gore, que despois de perder as eleccións de 2000 decidiu cambiar de rumbo e dedicarse a axudar a salvar o planeta. Este conmovedor retrato de Al Gore e do seu "espectáculo itinerante de quentamento global" mostra a un home divertido, aberto e disposto a todo para facer chegar á maior cantidade de xente posible a sorprendente verdade acerca do que el chama "a emerxencia planetaria", antes de que sexa demasiado tarde.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer

Guías didácticas : 1 e 2.

Nenhum comentário:

Postar um comentário