Sinopse: Ambientada nunha viliña europea no século XIX, esta
película de animación conta a historia de Víctor un mozo que é levado
de súpeto ao inferno, onde se casa cunha misteriosa Noiva Cadáver,
mentres que a súa verdadeira noiva, Vitoria, espera no mundo dos vivos.
Malia que a terra dos mortos resulta máis colorista que a súa estrita
educación victoriana, Víctor aprende que non hai nada neste mundo, nin
no seguinte, que poida separalo do seu único e verdadeiro amor. É un
conto de optimismo, romance e unha "outra vida" moi animada contada co
clásico estilo de Tim Burton.
A historia da noiva cadáver e do desventurado noivo naceu dun conto popular ruso sobre unha voda non desexada entre un home desafortunado e unha noiva morta. A historia romanticamente macabra espertou a atención e a imaxinación de Tim Burton, que traballou durante dez anos para levala á pantalla como unha película de debuxos animados en stop-motion.

Ficha técnica en Filmaffinity
Trailer:
Web oficial.
Cómo se fixo a película.
Crítica en La Butaca e en Decine21.
Curiosidades.
Xogo El laberinto del gusano.
Guía didáctica musical.
Banda sonora.
Nenhum comentário:
Postar um comentário