6.11.12

La boda del Monzón

La boda del MonzónSinopse: Achégase a romántica época do monzón e os membros da familia Verma chegan a Delhi dende todos os puntos do globo para asistir a unha voda concertada no último momento. "A voda do Monzón" conta cinco historias interconectadas que exploran os distintos aspectos do amor e cruzan as fronteiras xeográficas, sociais e morais. É unha celebración da India contemporánea como nunca se viu antes no cine. A directora Mira Nair e a guionista Sabrina Dhawan retratan a sociedade actual de Delhi onde todo se mestura: o antigo co moderno e a inocencia co sexo. O estilo intimista introduce o espectador na vida dos personaxes e na cultura punjabí de Nair, unha cultura robusta, directa e chea de vida. O público verase arrastrado dentro dunha bacanal de comida, whisky e música, elementos esenciais dunha voda no Estado de Punjab. Durante os frenéticos preparativos da voda saen a relucir as esperanzas, os temores e os segredos máis escondidos da familia. As imaxes cegadoras da cidade de Delhi e a calor implacable reflicten a crecente intensidade da historia e cando por fin chega a chuvia a catarse trae consigo o romance, o descubrimento e a liberación.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Guía didáctica: edualter.org e baiona.org

Nenhum comentário:

Postar um comentário