3.11.12

El niño del pijama de rayas

El niño con el pijama de rayasSinopse: Berlín, 1942. Bruno (Asa Butterfield) ten oito anos e descoñece o significado da Solución Final e do Holocausto. Non é consciente das crueldades que o seu país está facendo pasar a moitos pobos de Europa durante a Segunda Guerra Mundial. Todo o que sabe é que seu pai -que ven de ser nomeado comandante dun campo de concentración- foi ascendido no escalafón, e que pasou de vivir nunha confortable casa de Berlín a unha zona illada. Todo cambia cando coñece a Shamuel, un neno xudeu que vive unha vida ben diferente do outro lado do aramado.
Esta película está baseada na novela do mesmo título escrita polo irlandés John Boyne.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário