3.11.12

La clase

La claseSinopse: François é un novo profesor de lingua francesa nun instituto conflictivo, situado nun barrio marxinal. Os seus alumnos teñen entre 14 e 15 anos, e non dubida en enfrentarse a eles en estimulantes batallas verbais; pero a aprendizaxe da democracia pode implicar auténticos riscos. Ao comezar o curso, os profesores, cheos de boas intencións, desexosos de dar a mellor educación aos seus alumnos, ármanse contra o desalento. Pero a abismal diferencia de cultura e de actitude chocan violentamente nas aulas, que non son máis que un microcosmos da Francia contemporánea. Por moi divertidos que sexan ás veces os alumnos, os seus comportamentos poden cortar de raíz o entusiasmo dun profesor. A tremenda franqueza de François sorprende aos seus alumnos, pero o seu estricto sentido da ética tambalease cando os rapaces empezan a non aceptar os seus métodos. Film escrito e dirixido por Laurent Cantet. Baseado na novela de François Bégaudeau.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário