6.11.12

El caballero Don Quijote

El caballero Don QuijoteSinopse: Despois de que un vello soldado chamado Miguel de Cervantes (1547-1616) recollese por escrito as andanzas de Don Quixote e Sancho Panza, o cabaleiro e o seu escudeiro fixéronse moi populares. Cando se decata de que o Turco percorre a costa mediterránea cunha poderosa armada, don Quijote emprenderá, unha vez máis, coa oposición da súa sobriña e da súa ama, unha nova aventura que empeza na Mancha e remata na costa. Vestido coa súa armadura medieval, bastante anticuada para a época, o cabaleiro andante viaxa en compañía do seu fiel escudeiro, que decidiu partir con el e servilo a cambio do goberno dunha illa que Don Quixote lle prometeu. Por outra parte, o cabaleiro, desexoso de conxurar o feitizo que sofre a súa amada Dulcinea, irá á cova de Montesinos.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:  

Nenhum comentário:

Postar um comentário