12.11.12

La joven del agua

La joven del aguaSinopse: Cleveland intenta pasar desapercibido entre as lámpadas fundidas e os electrodomésticos rotos dos apartamentos The Cove. Pero na noite na que a súa vida dará un xiro, Cleveland descubre a outra persoa escondéndose dentro do  seu modesto edificio, unha misteriosa rapaza chamada Story que vive debaixo da piscina. Cleveland averigua que Story é en realidade unha “narf”, un personaxe parecido a unha ninfa saida dunha historia épica para nenos e que está sendo acosada por uns monstruos que están empeñados en impedir que ela faga a perigosa viaxe de volta desde o noso mundo ó seu. Os poderes especiais de percepción que ten Story revelan os destinos dos veciños de Cleveland, cuxa sorte está irremediablemente unida á dela. Teñen que traballar xuntos para descifrar unha serie de claves que abrirán o camiño á libertade. O tempo de Story para aproveitar a oportunidade de volver á casa estase acabando rápidamente mentras os inquilinos arriscan a súa vida por axudala. Cleveland terá que enfrentarse ós demos e  os outros veciños terán que agarrarse ós poderes especiais que Story lles ensinou, se esperan triunfar na súa audaz e perigosa misión para salvar o seu mundo… e o noso.  

Ficha técnica en Filmaffinity 

Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário