7.11.12

Los intocables

Sinopse: En Chicago só rexe a lei imposta por Al Capone, que non repara en métodos con tal de controlar todo o tráfico de alcohol. Eliot Ness, inspector de policía, chega á cidade co obxectivo principal de desenmascarar e deter a Capone. As súas primeiras xestións fracasan estrepitosamente, xa que tanto a policía coma a prensa están subornados. O encontro cun honrado e valente policía, Malone, levántalle a moral, e ambos os dous, axudados por outros dous compañeiros, un aspirante a policía e un contable, inician a persecución do mafioso e dos seus homes. Capturan un deles cun comprometedor libro de finanzas. A resposta do capo é inmediata e liquida nun ascensor o seu home e o contable do grupo de Ness.Amenaza a familia do inspector e mesmo remata coa vida de Malone. Pero as pistas están dadas e Ness, xunto ao aspirante a policía logran deter, nunha arriscada operación na estación de Chicago, o contable de Al Capone que lle delatará nos tribunais, e aínda que o xurado estea comprado, o xuíz logrará meter ao capo no cárcere.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:  

Nenhum comentário:

Postar um comentário