6.11.12

Plenilunio

PlenilunioSinopse: No ano 2000, Imanol Uribe estreou a adaptación ao cine de Plenilunio, a novela de Antonio Muñoz Molina, que xa fora un éxito de crítica e público e recibido varios premios nacionais e internacionais. 
Tras pasar varios anos nas Vascongadas, un inspector de policía é destinado a unha pequena cidade de provincias. Nada máis chegar, debe enfrontarse a un difícil caso: unha nena apareceu brutalmente asasinada.
Unha historia de soidades na que os seus protagonistas se desenvolven en territorios tan complexos como o horror e o amor. A escritora Elvira Lindo interveu tamén no filme en calidade de coguionista.

Ficha técnica en
Filmaffinity

Trailer: 

Nenhum comentário:

Postar um comentário