7.11.12

El laberinto del fauno

El laberinto del faunoSinopse: Ano 1944, posguerra española. Ofelia (Ivana Baquero) e a súa nai, Carmen (Ariadna Gil), que se encontra en avanzado estado de xestación, trasládanse a un pequeno pobo ao que foi destinado o novo marido de Carmen, Vidal (Sergi López), un cruel capitán do exército franquista polo que a nena non sente ningún afecto. A misión de Vidal é acabar cos últimos membros da resistencia republicana que permanecen escondidos nos montes da zona. Outros personaxes son: Mercedes (Maribel Verdú), o ama de chaves, e o médico (Álex Angulo) que se fará cargo do delicado estado de saúde de Carmen. Unha noite, Ofelia descobre as ruínas dun labirinto, e alí encóntrase cun fauno (Doug Jones), unha estraña criatura que lle fai unha sorprendente revelación: ela é en realidade unha princesa, a última da súa estirpe, e os seus espérana dende hai moito tempo. Para poder regresar ao seu máxico reino, a nena deberá enfrontarse a tres probas.

Ficha técnica en Filmaffinity

Trailer:

Nenhum comentário:

Postar um comentário